Lugo, 21 de Xaneiro de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, acompañada da médico especialista, Estefanía Fernández Otero, presentou este luns un proxecto de educación sexual destinado a centros de todos os Concellos da provincia para formar a un total de 1.500 escolares de sexto de primaria. Esta iniciativa consiste nunha serie de charlas gratuítas impartidas por un grupo de médicos e sexólogos, coas que se busca que os rapaces acaden nesta idade unha educación sexual axeitada, e vexan resoltas todas as súas dúbidas ao respecto.
López Izquierdo sinalou que dende o Goberno da Deputación promovemos esta iniciativa formativa na procura dun “maior coñecemento sexual dos nosos rapaces, para que afonden e teñan máis coñecemento sobre a sexualidade, co fin de rachar con estereotipos e tópicos neste eido que nada teñen que ver coa realidade. Tamén amosamos a través desta iniciativa a diversidade sexual, fomentando a promovendo a igualdade nas idades máis temperás”.
“Existe unha nova necesidade de educación sexual, debida a factores diversos como a Globalización, a presenza das novas tecnoloxías, a migración de novos grupos de poboación con diferentes contextos culturais, as crenzas relixiosas, as enfermidades de transmisión sexual, ou o crecente problema dos abuso sexuais. Todos os nenos teñen acceso a contido sexual a través de Internet, o problema é que este tipo de canles xeran unha imaxe das relacións sexuais erradas, de aí que sexan tan necesarias as ensinanzas de verdadeiros profesionais do eido”.
Fernández Otero puxo en valor que “canta máis educación sexual reciben os rapaces, menos riscos e máis capacidade de resposta teñen. Ás veces os propios profesores pensan que en sexto de primaria os alumnos non teñen idea destes asuntos, máis a realidade amosa que o acceso ás novas tecnoloxías supuxo un achegamento máis temperán a estes temas”.
Proxecto educativo de educación sexual
O proxecto consta de dúas partes: na primeira, común a todos os centros educativos, exporanse diferentes temas formativos, e na segunda, os rapaces participarán directamente facendo as súas preguntas. Na primeira sesión, afóndase sobre o corpo humano e o seu desenvolvemento, os determinantes sexuais e culturais da sexualidade, as habilidades necesarias para discutir e saber tomar decisión persoais, valores, normas, puntos de vista e as diferentes orientacións sexuais. Na segunda parte, os rapaces poderán consultar todas as dúbidas e inquietudes que teñan sobre sexualidade.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



