Mondoñedo, 20 de decembro de 2019.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, promocionará unha edición máis na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebrará en Madrid a vindeira semana, a ampla potencialidade turística que ofrece a localidade; que conta cun dos cascos históricos máis antigos do mundo, o cal se converte no marco ideal para a celebración dunha singular Semana Santa, declarada de Interese Turístico Galego.
Mondoñedo terá presenza no ‘stand’ de Galicia e terá espazo, entre outras, tanto na presentación das Semanas Santas declaradas Festas de Interese Turístico de Galicia como na do produto turístico que pon en valor o potencial dos cascos históricos galegos. En concreto, a alcaldesa de Mondoñedo intervirá o xoves 24, ás 16:30 horas, na presentación das Semanas Santas onde porá en valor as características únicas da mindoniense, que destaca pola “súa beleza, singularidade e antigüidade”.
Mondoñedo tamén terá protagonismo noutras presentacións de destinos e produtos turísticos de Galicia, ás que asistirá e apoiará a rexedora mindoniense. É o caso da presentación do produto que pon en valor o potencial dos cascos históricos de Galicia, destacando os seus valores culturais, gastronómicos e da artesanía local. De igual modo, Elena tamén estará na presentación da Mariña Lucense ou na da Deputación, entre outras.
Divulgar a oferta de produtos e servizos de destino
A rexedora local di que Mondoñedo “ten moito que dicir e ofrecer” en Fitur polo que ten pechadas reunións con axencias e operadores cos que establecerá contactos para divulgar a actual oferta de produtos e servizos deste destino declarado un dos Pobos máis Bonitos de España.
Entre estes recursos a alcaldesa enumera ademais do conxunto Histórico-Artístico co seu principal emblema, A Catedral, declarada Patrimonio Mundial da Unesco; a Cova do Rei Cintolo ou o Camiño de Santiago xunto ao museo de Cunqueiro, que se inaugurará en breve; ou o da Imprenta; así como a audioguía ficcionada ‘Cunqueiro e Familia. Un paseo emocionante polo Mondoñedo de Cunqueiro’, entre moitos outros, como pode ser o atractivo de contar coa Feira máis Antiga de Galicia, As San Lucas.
No gran evento internacional de turismo, Elena Candia tamén repartirá un marcapáxinas coa casa museo de Álvaro Cunqueiro, mostra do potencial literario e cultural mindoniense.
Ademais, entre os obxectivos da alcaldesa no marco de Fitur tamén se atopa o de coñecer as tendencias a nivel de comunicación para destinos locais.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



