Barreiros, 20 de xaneiro de 2019. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros vén de presentar unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro luns a respecto da necesidade de que o Concello de Barreiros presente unha alegación ao proxecto da A-74 para garantir que o polígono industrial situado na Cruz do Lobo conte con un acceso directo á conexión desa autovía coa A-8 que se proxecta a escasos metros do mesmo.
A portavoz municipal, Ana Ermida, asegura que “nunha obra da envergadura da que se prevé, realizar unha conexión co polígono de Barreiros que lle garanta maior facilidade de acceso ao mesmo, é tecnicamente posible e economicamente viable, xa que o polígono está a escasos 500m. da conexión.” Asegura, ademais, que “con esta pequena medida, o polígono de Barreiros pasaría a converterse na zona industrial mellor situada en toda a A-8 e na propia A-74, co pulo que iso suporía á zona industrial e as repercusións económicas e sociais que se derivan dese feito”.
Para o BNG, “apostar pola política industrial en Barreiros é facer este tipo de xestións e non anunciar implantacións de empresas pantasmas cada catro anos en período electoral”, afirman.
Ana Ermida asegura que “se o polígono de Barreiros conta con unha entrada directa que evite os desprazamentos a contrasentido para o acceso aos mesmos, a competitividade que se lles dá ás empresas que xa están instaladas no mesmo e a posta en valor do propio polígono pode ter unhas fantásticas consecuencias no desenvolvemento económico do municipio.”
“Queremos arrincar o compromiso do goberno municipal de que poña os servizos técnicos a traballar nesta proposta e que antes do 5 de febreiro, cando finaliza o prazo de alegacións, presente ante o Ministerio de Fomento a proposta técnica para esixir que se teña en conta no trazado definitivo da A-74 a necesidade do polígono barreirense de contar con ese servizo de acceso directo”, explica a portavoz municipal.
Se no pleno do luns a moción non sae adiante, o BNG asegura que o será a propia formación nacionalista a que se dirixa ao Ministerio.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



