Trátase da canción La puerta violeta, de Rozalen. A iniciativa realizouse para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero. Na grabación do vídeo participaron os colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, o CIFP Porta da Auga, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, a praza de abastos, o centro de saúde, o CIM e o Concello ribadense. Xunto aos protagonistas deste vídeoclip estiveron esta mañá o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



