Ribadeo, 31 de xaneiro de 2019. O Concello está a realizar obras de aglomerado na Devesa e nas Anzas. Están financiadas polo Concello e pola Deputación de Lugo, a través do Plan Único, e supoñen un investimento de 116.000 euros.
O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “máis aló do Ribadeo Indiano e do éxito de difusión internacional que tivemos en Fitur, e máis aló das ondas da Illa Pancha onde Ribadeo volveu onte ser centro e espectáculo maxestuoso de atención mundial, nós aquí, desde o Concello, temos que seguir traballando no día a día para mellorar a calidade de vida dos nosos paisanos e das nosas paisanas. Para isto continuamos estes días con diversas obras nas parroquias do noso concello, tanto nas do interior como nas da costa. Son obras de mellora dos accesos aos núcleos de poboación”.
O rexedor explicou que “neste caso estamos a executar o acceso ás Anzas que se atopaba moi deteriorado, e estámolo aglomerando botando zahorra polas beiras e pintando tamén. É a empresa Cazás, de Burela, a adxudicataria destas obras que se entenden como unha primeira fase. Terá que haber unha posterior onde se interne no núcleo urbano das Anzas”.
Suárez Barcia engadiu que “a outra parroquia na que estamos actuando, neste caso costeira, é a da Devesa onde estamos a facer o acceso e aglomerado asfáltico desde a estrada xeral ata a subida a Noceda, pasando por debaixo do viaduto da autovía e resolvendo o cruce coa estrada do monte, á altura da igrexa da Devesa, onde tamén aproveitamos para aglomerar os aparcadoiros. Neste caso a adxudicataria destas obras é a empresa Desarrollos y Metas, de Navia”.
O alcalde subliñou que “en total a inversión supón uns 116.000 euros que se financian co Plan Único entre a Deputación e o Concello de Ribadeo. Eu quero polo tanto agradecer e valorar a axuda desta institución que sempre está ás duras e ás maduras cos veciños deste concello. Nos próximos días seguiremos traballando, se as condicións climatolóxicas o permiten, para dar melloras aos accesos a estes núcleos e a outros núcleos que faltan”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



