Burela, 31 de xaneiro de 2019. A comisión organizadora das festas patronais de Burela comezará o vindeiro luns, 4 de febreiro, a recoller os donativos para sufragar estes festexos. A presidenta da comisión, Toñi Eijo, asegura que afrontan con ilusión a organización desta cita e subliña que o programa está pensado para o disfrute de todo o pobo, para un público de todas as idades.
Toñi Eijo dixo que “a comisión estámolo tomando coa mesma ilusión de todos os anos, a pesares de que cada ano costa máis recadar. Imos intentar facer un programa ao gusto da xente, con opinións que fomos recollendo polo pobo, co arranxo ao que nos pide a xente, imos facer un programa ao gusto do pobo e axustándonos ao presuposto que teñamos nosoutros. Imos facer un programa para todas as idades e para todos os gustos con actividades de todo tipo”.
A presidenta da comisión das festas patronais de Burela quixo “agradecer xa de antemán a todo o mundo a súa colaboración, senón non teríamos as festas de Burela. Quero dar as grazas ao comercio, á hostalería, a toda a xente que colabora con nós, ás asociacións, aos armadores, á confraría e ao Concello, a todos os que nos axudan”.
Toñi Eijo salientou que “é un programa axustado ao noso presuposto, pero que intentaremos abarcar o gusto de todo o mundo, de toda a xente do pobo e de todas as idades, con orquestras penso que atractivas este ano. Veñen Finisterre, París de Noia, Israel, Garibaldi, Ritmo Joven, Combo Dominicano, Trébol e Panorama. Queremos que sexan unhas festas ás que veña moita xente de fora, e que sexan atractivas e amenas para todo o mundo”.
E engadiu: “quero comentar que temos unha nova integrante da comisión de festas, que se chama Katy. E empezaremos a pedir o luns, 4 de febreiro. Así abarcaremos un amplo período de tempo, porque son moitos comercios, moitas horas de traballo e necesitámolo”.
Seis persoas forman a comisión organizadora das festas patronais de Burela.























Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



