Lugo, 31 de xaneiro de 2019.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional reserva un investimento de 300.000 euros para diversas obras de mellora no I.E.S de Foz, ao abeiro do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas que promove o Goberno galego.
A actuación prevista ten por obxecto ampliar o salón de actos do centro, e tamén o comedor e a cafetería, ambos espazos de uso docente vinculados aos ciclos formativos da familia de hostalería e turismo que se imparten neste centro.
Así o explicou esta mañá, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, no transcurso dun encontro coa dirección do instituto e representantes da asociación de nais e pais, no que estivo acompañado do alcalde da localidade, Javier Jorge Castiñeira, entre outros.
Balseiro avanzou que a administración traballa cunha planificación concreta pola que se estima encargar o proxecto técnico da obra neste primeiro semestre deste ano, licitar os traballos no segundo semestre de 2019, e executar a obra no curso 2019-2020.
Potenciación da FP
Destas melloras beneficiaranse a totalidade dos preto de medio millar de alumnas e alumnos que cursan os seus estudos neste instituto e, moi especialmente, o estudantado de Formación Profesional, xa que logo, a cafetería e o comedor empréganse como aulas de prácticas.
No caso do salón de actos, instalación común a todo o centro, estudarase a mellor solución técnica para modernizalo e si é posible amplialo, “entre outras razóns, facéndonos eco dunha demanda liderada polo alcalde, xa que este salón acolle as distintas actividades do centro, entre elas, os campionatos internacionais de baristas e de catas de café que, cada ano, con gran éxito, reúnen a un gran número de participantes, profesionais e público, e queda pequeno o aforo”
O IES dispón dunha ampla oferta educativa que inclúe ciclos formativos de grado medio e superior, en réxime ordinario e de adultos, así como formación profesional básica. Tamén se imparten educación secundaria obrigatoria e bacharelato (nas modalidades de ciencias e humanidades e ciencias sociais), en réxime ordinario e para adultos.






















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



