Lugo, 21 de xaneiro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou hoxe que Lugo poderá dispor, por fin, da nova sede do Instituto Nacional de Estatística (INE) logo de que o novo Executivo logrou desbloquear os atrancos para a recepción das obras de rehabilitación e acondicionamento do antigo Sanatorio Portela.
A subdelegada do Goberno, que efectuou esta mañá unha visita ao edificio acompañada polo responsable do INE na provincia, José Manuel Colmenero, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, explicou que “desde o Goberno de Pedro Sánchez fixemos todo o posible para resolver unha situación que atopamos inxustamente atascada, penso que xa era hora de sacar adiante o proxecto para que o INE dispoña da súa sede en Lugo”
Isabel Rodríguez explicou que INE acaba de recibir, por fin, a obra de rehabilitación e acondicionamento feita neste edificio do antigo Sanatorio García Portela, unha obra que acabou en 2017 e na que se investiron 2,4 millóns de euros.
“Desbloqueamos así unha situación que impedía a entrada en servizo destas magníficas instalacións e dámoslle un pulo decisivo ao proxecto”, salientou a subdelegada, xa que “agora, unha vez recibida a obra do edificio, só queda pendente acometer unha pequeña obra de reposición na vía pública, que é necesaria para a obtención da licenza municipal de primeira ocupación. Feitos eses últimos trámites, procederase ao traslado das instalacións do Instituto Nacional de Estatística”.
“Penso que é unha boa noticia para Lugo porque grazas ao INE, a cidade recupera e pon en valor un edificio que forma parte do patrimonio da cidade que estaba abandonado e, ademais, co traslado a estas novas instalacións o erario público aforrará unha cantidade importante de cartos, case 100.000 euros ao ano que agora paga o INE en concepto de alugueiro polas instalacións que ocupa”, manifestou Isabel Rodríguez
A futura sede do INE é un inmoble singular pois é un dos poucos edificios existentes en Lugo de estilo racionalista.Trátase dun ben que está rexistrado no Inventario de Patrimonio Cultural de Galicia. Foi construído a mediados do século XX, por encargo de Manuel García Portela, dacordo cun proxecto do arquitecto Alfredo Vila López, e que estivo destinado orixinalmente a uso sanitario.
O edificio ten 4 plantas (semisótano, baixa, primeira e segunda) e unha superficie de case 1.700 metros cadrados e foi acondicionado para acoller as novas instalacións do Instituto Nacional de Estatística.
As obras, que incluiron a rehabilitación integral do inmoble, supuxeron un investimento de 2,4 millóns de euros e desenvolvéronse entre agosto de 2015 e febreiro de 2017.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



