Lugo, 11 de xaneiro de 2019. O Voceiro da Deputación, Álvaro Santos Ramos, asistiu xunto coa Concelleira de Lugo, Ana Abelleira; o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López, e o director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto Garrido, ao sorteo celebrado ante notario este venres no Pazo de San Marcos para coñecer os gañadores da campaña Merca e Gaña polo Nadal. Alí, Santos Ramos informou da alta participación de persoas, un total de 31.500, que realizaron outras tantas compras nos distintos establecementos da capital lucense e en 40 Concellos da provincia, o que supuxo uns beneficios de 1,9 millóns de euros. Os premios, que se entregarán publicamente o 18 de xaneiro nun acto que terá lugar no Vello Cárcere, son para investir no comercio local da provincia con novas compras.
Santos Ramos subliñou que “nesta anualidade aumentou a participación no Merca e Gaña polo Nadal un 15%, pasando dos 27.000 usuarios rexistrados o ano pasado, aos 31.000 desta campaña. Estas compras realizadas na provincia de Lugo teñen un valor estimado de 1,9 millóns de euros, un 18% máis que en 2018, cando se rexistraron vendas dun total de 1,6 millóns. Estas son cifras que avalan a necesidade de que dende as administracións públicas, en colaboración coas distintas federacións, continuemos a desenvolver medidas coas que fomentar as compras no comercio local”.
“Dende o Goberno da Deputación, estamos comprometidos coa promoción do comercio de proximidade e a actividade dos establecementos a pe de rúa, que é un dos piares fundamentais da economía de toda a provincia, sobre todo durante estas datas de Nadal. As compras nestes días supoñen máis do 25 por cento das vendas anuais. Por iso, entre as medidas do Goberno da Deputación para contribuír ao impulso do pequeno comercio, e en colaboración coa Federación de Comercio, creáronse sinerxías con ocio, mediante unha atractiva oferta de actividades para nenos e espectáculos de entretemento complementarios, como foron as animacións na rúa e obradoiros. Así construímos espazos amables e social, ambiental e economicamente atractivos”, destacou.
Merca e gaña polo Nadal consistiu nunha campaña de sensibilización e promoción das compras no pequeno comercio, que puxo en marcha a Deputación, a través da Federación de Comercio de Lugo, en colaboración cos distintos Concellos da provincia. Trátase dunha iniciativa anual coa que se busca incentivar as compras nos establecementos da provincia, ofrecendo 40 premios por valor de 10.000 euros, para seren reinvestidos nos propios comercios da zona. A campaña deste ano desenvolveuse dende o 6 de decembro de 2018 ata o 6 de xaneiro de 2019.
40 premiados
O sorteo dos premios de 10.000 euros de Merca e Gaña polo Nadal fíxose ante notario, incluíndo no mesmo os máis de 31.000 tíckets con compras de preto de 1.9 millóns de euros. Os nomes das persoas gañadoras (20 premios de 300 euros e 20 premios de 200 euros) publicaranse en www.nadalmercaegana.com, así como nas redes sociais da Deputación, Concello de Lugo e Federación de Comercio de Lugo, unha vez realizadas todas as comprobacións notariais oportunas.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



