Burela, 3 de xaneiro de 2019. Burela acollerá a representación dun novo musical infantil o vindeiro 12 de xaneiro. Trátase de Supercalifragilístico que rende homenaxe á famosa Mary Poppins. As entradas xa están á venda no restaurante Mis en Plas e en www.woutick.es
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “desde o Concello de Burela queremos anunciar a presenza aquí en xaneiro da compañía Moita Merda, que vai traernos un musical infantil, un máis despois do que tivemos en decembro con moito éxito”.
O edil socialista explicou que “será o sábado 12 xaneiro ás seis da tarde. Chámase Supercalifragilístico. É un musical sobre a personaxe de Mary Poppins, de sobra coñecida por todos nós. Foi unha película de Walt Disney que se estreou no ano 1964, tivo moita repercusión, foi candidata a varios óscars e gañou cinco. Era algo inédito nunha película de corte infantil e a protagonista Julie Andrews gañara o óscar á mellor actriz”.
José Díaz contou que “este musical se basea nesa figura orixinal de Mary Poppins, pero enfocada a unha familia de hoxe en día, coa grandísima diferenza que hai respecto ás familias dos anos 70. Os nenos divírtense doutra maneira diferente e a coidadora encóntrase con problemas moi distintos, e xoga coa música e as cancións tan míticas daquela película para entreter aos nenos e apartalos das novas tecnoloxías, que é a fonte principal de diversión dos nenos de agora”.
O concelleiro de Cultura engadiu que “este musical ten ademais moito mensaxe, pareceunos interesante e pensamos que cumpre os criterios de calidade que pretendemos en Burela cando traemos calquera actuación, que teñan un bo nivel e que guste á xente porque hai que pagar entrada. Queremos sempre que todo o mundo saia contento e que esa inversión en cultura se pague disfrutando dos espectáculos que se traen. Ademais agora está nos cines o remake desta película de Mary Poppins, tamén con moita aceptación, hai moitos pais que queren levar aos nenos a mostrarlles a película que a eles os marcou”.
Díaz agarda que “teña boa resposta. As entradas están á venda en internet na páxina www.woutick.es e no facebook da Delegación de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Burela está toda a información, tanto do musical como dos puntos de venda e prezos das entradas. Esperamos como sempre ter un bo número de xente e poder seguir facendo este tipo de espectáculos. Ademais este é xusto despois de Reis e para as familias é un bo xeito de rematar este período navideño”.
Reis Magos
Os Reis Magos de Oriente xa están camiño de Burela a onde chegarán o vindeiro sábado, día 5. A partir das 19:00 horas desfilarán moi ben acompañados dende a Rúa do Ril ata a carpa sita na Praza da Mariña. Alí recibirán @s nen@s acomodados no belén vivinte. Haberá roscón, chocolate, rosconazo de regalos e a realización dun desexo solidario. A Cabalgata de Burela está organiza por Ledicia e conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes local e do Concello de Burela.
Día do neno
O concelleiro de Cultura, José Díaz, aproveitou para lembrar que o vindeiro luns, 7 de xaneiro, será o Día do Neno na carpa instalada este Nadal na praza da Mariña. Todas as actividades que se desenvolvan alí durante esa xornada serán gratuítas.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



