Ribadeo, 25 de xaneiro de 2019. O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, denuncia que o Concello ribadense ten débedas con colectivos e empresas desde o ano 2016.
Daniel Vega manifestou hoxe que “anunciar posibles investimentos nos medios de comunicación a catro meses das eleccións non nos parece responsable. Eu creo que é querer enganar aos ribadenses con propostas para despois non cumprir. Doce anos de goberno e de repente parece que se vai facer todo en catro días. Creo que iso non é moi responsable por parte dun goberno. Durante estes doce que se fixo? Por que agora si, a catro meses de eleccións e non con anterioridade?”.
O candidato do PP á Alcaldía ribadense engadiu: “tamén nos parece enganar aos veciños de Ribadeo aprobar unhas contas que eu creo que son contos, porque hai moitos colectivos asociativos e moitas empresas que levan sen cobrar desde o ano 2016. O alcalde e o seu equipo de goberno anunciaban que no Concello de Ribadeo se pagan as facturas a nove días, pois que llo expliquen eles a moitos colectivos asociativos e a moitas empresas que levan sen cobrar desde o 2016. Dino moitos colectivos que nos trasladan esa queixa e nós vamos seguir dicindo verdades como templos porque nós non estamos en política para enganar senón para cumprir o que estamos dicindo, para cumprir as nosas propostas. Polo tanto pedímoslle ao alcalde e ao seu goberno municipal que cumpran cos veciños, que paguen aos colectivos asociativos e ás empresas neses 9 días. E tamén que non anuncien obras a catro meses das eleccións para despois non cumprir”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



