Burela 21-1-19. O Pescados Rubén Burela FS está de noraboa. O brillo do campión de inverno de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo lucirá na UEFA Women Futsal Euro 2019 coa presenza de Peque e Luci, defendendo a Selección Española, e Jenny, representando a Portugal. Así deron a coñecer ambas as federacións a lista de convocadas para a Eurocopa, que se celebrará enre o 15 e o 17 de febreiro na localidad lusa de Gondomar.
Jenny deberá incorporarse á concentración do combinado anfitrión o domingo 27 de xaneiro en Rio Maior. Pola súa banda, Peque e Luci están chamadas para o luns 4 de febreiro en Las Rozas.
A cita abrirase o venres 15 cos enfrontamentos de semifinais Rusia-España e Ucraína-Portugal. A final e a pugna polo terceiro e cuarto posto decidiranse o domingo 17.