Ribadeo, 9 de Xaneiro de 2019. Pasados dous meses e medio dende que o colectivo “POR NUESTRO FARO” solicitara información ao concello sobre o proxecto de fosa séptica e verquido na Illa Pancha e diante do silencio voluntario do Sr. alcalde, o noso grupo ten decidido dar un paso mais e dirixirse á Valedora do Povo Galego para denunciar o non respeto á lei de Transparencia por parte do noso concello. Asemade declaramos rotundamente que nos parece vergoñento que o goberno local rexeite dar unha información que lle solicita repetidamente un colectivo veciñal, con desprecio absoluto de calquer principio democrático.
Como saben os lectores o colectivo POR NUESTRO FARO ven solicitando información ao concello de Ribadeo sobre a construcción dunha fosa séptica na Illa Pancha dende o sete de setembro do pasado ano sen recibir nengún tipo de resposta. O primeiro escrito rexistrouse no concello, na data devandita. Dado que non se recibiu resposta, o día dez de outubro presentamos un novo escrito ao abeiro da lei de Transparencia, ao dia de hoxe seguimos sen ter contestación. O paso seguinte cando se incumple a Lei de Transparencia, negando información, é remitir o caso á Valedora do Povo de Galicia. E neso estamos.
Lembraremos brevemente que a empresa adxudicataria da concesión na Illa Pancha presentou un proxecto para legalizar unha fosa séptica, que a Xunta de Galicia somete a exposición pública con data do 18.8.18. No mesmo proxecto xa se indica que a fosa está construida dende abril de 2017. Deseguido o colectivo POR NUESTRO FARO presenta unha serie de alegacións suliñando, entre outros pontos, o extrano de que a obra xa esteña executada sen permiso algún, maiormente nunha zona protexida pola Rede Natura 2000, que contempla un verquido nunha zona non concesionada con outo risco de ir directamente ao mar; que a normativa aplicada no documento técnico non se axusta á lexislación medioambiental actual por estar amplamente desfasada no tempo, e outra serie de consideracións que xa publicamos no seu momento.
Ao mesmo tempo comunicamos ao concello as nosas alegacións e formulamoslle unha serie de preguntas. Resultado: silencio absoluto. O concello non explica cómo se concedeu a licencia de apertura sen ter resolto o problema dos verquidos de residuais, nen por qué mira para outro lado cando está perfectamente documentado que esa obra se fixo sen legalizar, posto que se presenta o proxecto ano medio despois de que esteña rematada. Tampouco quere de explicar por qué non quixo presentar alegacións ao proxecto dentro do plazo legal, como sería a sua obriga, deixando indefensos os intereses dos veciños. Ainda mais o verquido que se proxecta presenta serias dúbidas de que no acabe saíndo directamente ao mar dado que o sistema de filtrado é moi sinxelo e pasa por debaixo do camiño de acceso ao edificio do faro e aos aparcamentos colindantes. Polo tanto os automoveis pasarán de cotio sobre o canle de filtrado e, obviamente, son moi altas as probabilidades de que acabe totalmente obstruido dando lugar a que as augas residuais vaian parar directamente ao mar. Extendémonos neste ponto porque foi unha das nosas alegacións que comunicamos ao concello antes de que rematase o prazo legal para presentalas, pero o noso alcalde non se deu por aludido. Repetimos que non entendemos que se tolere un verquido, por parte do concello de Ribadeo, nunha zona de pesca e mesmo protexida pola Rede Natura 2000.
Pola nosa banda so podemos manifestar unha vez mais o que non é nengunha sorpresa: o concello de Ribadeo informa do que lle interesa, como lle interesa e cando lle interesa e nega aos veciños o dereito democrático mais elemental, para favorecer os intereses dunha empresa privada que usa un espazo e edificio público para lucro persoal.
COLECTIVO POR NUESTRO FARO






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



