Xove 21-1-19. O Concello de Xove presentou os vídeos XOVE EMPRENDE EN GALEGO o pasado mércores día 26 de decembro ás 20:30 no Salón de Actos.
O 14/01/2019 comezou a súa publicación para que todas as persoas interesadas podan velos a través da internet.
Este luns 21/01/2019, publica o segundo vídeo, o de Iván González Meitín.
XOVE EMPRENDE EN GALEGO:
Trátase dunha campaña de fomento do emprendemento e a actividade empresarial en galego que o director xovense Xacio Baño gravou no pasado mes de outubro para o Concello colaborando co Departamento de Emprego e Desenvolvemento ao abeiro dunha subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
XOVEMPRENDE EN GALEGO pretende difundir a cultura emprendedora poñendo en valor o propio, fomentando o uso do galego entre as persoas emprendedoras, empresarias e traballadoras; incrementar a conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións empresariais, laborais, comercias, no proceso de busca de emprego e na creación de empresas principalmente; e promover o establecemento da oferta positiva de atender á clientela en galego como práctica habitual.
“Cres que se alguén che fala castelán no teu negocio, ti debes falarlle castelán ou que é correcto falarlle en galego se o entende perfectamente?, por que cres que moita xente nesta situación cambia de idioma pasando ao castelán?”, empregas o galego nas túas redes sociais? Estas son dúas das preguntas sobre ás que contestaron as 6 persoas emprendedoras do municipio entrevistadas para a realización desta campaña, a saber: Fabián Ben, Iván González, Marta Louzao, Nacho Rodríguez, Samuel Míguez e Lucía Canoura.
Estes vídeos están gravados no galego propio de cada persoa entrevistada, non tendo porque ser galego normativo, pero na lingua escrita si se emprega a normativa; escollemos esta maneira para que fose natural e fluída a entrevista.
XACIO BAÑO:
Xacio Baño atópase na promoción de TROTE, a súa primeira longametraxe que está recollendo prestixiosos recoñecementos e loanzas, entre os que podemos destacar a súa selección para a participar no Festival de Locarno (Suiza) e para o 66 Festival de San Sebastián e a súa inclusión polo xornal El Mundo entre as dez mellores películas españolas deste ano 2018. Con Trote, Xacio leva Galicia e ao galego máis aló das nosas fronteiras.
CANLE DE YOUTUBE:
https://www.youtube.com/channel/UCjidwKya204f3_pSSsKqOMQ
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



