O concello remata as activiades de Nadal coa tradicional Cabalgata de Reis polas rúas de Ferreira. As súas Maxestades desfilarán pola vila na tarde-noite do día 5; a delegación de cultura deste concello invita a participar a todas as nenas e nenos neste acto, así como, na posterior Recepción que terá lugar no Belén Vivente ubicado no Salón de Actos da Casa da Cultura. Nestes actos participarán os nenos e as nenas que estes días asistiron ao programa infantil Ludinadal e o alumnado máis novo da Asociación cultural Amado Lar, que colabora nos mesmos.
Rematan as actividades de Nadal no concello de O Valadouro
Rematan as actividades de Nadal no concello de O Valadouro
Relacionado
-
Maas Saúde continuará aportando vitalidade ao Burela FS
-
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde
-
O Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acolleu este sábado a IX Convivencia de Persoas Maiores Xordas de Galicia organizada por Faxpg.