Ribadeo, 15 de febreiro de 2019. Este venres tivo lugar nas instalacións de Acisa o sorteo das 19 ceas que a asociación puxo en xogo dentro da súa campaña de San Valentín. Arredor de 5.000 papeletas foron introducidas na urna das que foron extraídas as gañadoras.
As afortunadas e afortunados foron: Carolina Carbajas, de Castropol; Cristina Rodríguez, de Ribadeo; Lidia Gómez, tamén de Ribadeo; Eulogio Pardo, de Ribadeo; Abel Barro, de Xermade; Carmen Ron, de Castropol; Noelia Andrade, de Foz; Mónica Vázquez, da parroquia ribadense de Vilaselán; Juan Calvo-Sotelo, de Ribadeo; Joaquín Pérez, de Navia; Fina Vega, de Ribadeo; Julita Remior, de Ribadeo; Águeda García, de Foz; Samuel Penedo, de Ribadeo; Lorenzo García, de Ribadeo; Mónica Morado, de Ribadeo; Rosalía Vázquez, de Oviedo; Ana Cereijo, de Ribadeo; e Mª Dolores García, de Ribadeo.
As papeletas premiados fóronlles entregadas aos gañadores e gañadoras nos seguintes locais: Dyn y Don, Fauna, Pequerrechos, Jatay, Electricidade Sendín, Bis a Bis, Hola Ola, Xeito, Panadería Torviso, Farmacia Álvarez Lebredo, Terra Branca, Mercería Vizcaya, Dándara, La Candelaria, Irmandiños, Farmacia Virgina Boada, Menfer, Foto Miguel e Esprit.
Os locais nos que este sábado, as 19 parellas disfrutarán dos seus agasallos son: Asador A Quinta, Parador de Turismo de Ribadeo, San Miguel, O Cabazo, Marinero, A Dorada do Cantábrico, O Lar de Manolo, O Tumbín, Hotel Restaurante Javier Montero, La Villa, Cayo Coco, Porta Norte, Costa Verde, La Lira, La Solana, Bar Galicia, El Rincón del Gordo e Galipizza. Éste último local ofreceu dúas ceas.
Desde a directiva de Acisa agradecen aos locais hostaleiros a súa participación na tradicional campaña de San Valentín e á fiel clientela que siga apostando por facer as súas compras no comercio local de Ribadeo. No sorteo estiveron presentes o xerente de Acisa, Jesús























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



