Viveiro 15-2-19. O BNG de Viveiro ven de trasladarlle aos seus órganos da dirección comarcal e nacional o nome da súa candidata á alcaldía de Viveiro.
Miriam Bermúdez García, actual vicerresponsable do BNG en Viveiro, foi elexida pola asemblea local da organización frontista para encabezar a candidatura do BNG ás municipais de maio en Viveiro. @s membros asistentes a esta asemblea, que adoptaron este acordo por unanimidade, destacaron de Bermúdez a súa vitalidade, entusiasmo, capacidade de traballo e compromiso con Viveiro.
O BNG de Viveiro continuará a traballar durante as vindeiras semanas na conformación da súa candidatura que, xunto con Miriam, concurrirá á eleccións de maio co obxecto de revalidar o apoio da veciñanza nas anteriores eleccións para regresar á corporación municipal de Viveiro, onde esta organización política estivo sempre representada desde as primeiras eleccións municipais (despois da ditadura franquista) do ano 79.
Por outra banda, e ao mesmo tempo, a formación nacionalista vai organizar unha serie de encontros sectorais abertos a toda a veciñanza e colectivos viveirenses que desexen participar nos mesmos para aportar propostas e ideas para, entre todas e todos, elaborar un proxecto de goberno que serva para mellorar a vida das persoas e transformar Viveiro no concello referente da Mariña.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



