Barreiros 14-2-19. A asociación de Hostelería de Barreiros organiza unha sesión informativa na que tomará parte o persoal técnico de distintos organismos vinculados coa Administración que recentemente presentaron convocatorias de axudas e/ou subvencións das que poden beneficiarse pequenas empresas e persoas que traballen por conta propia. Aínda cando a iniciativa parte dunha asociación relacionada co gremio da hostalería, esta xornada está dirixida á totalidade de sectores produtivos: sector servizos, fábricas, transformación agrogandeira, turismo, servizos á comunidade, etc.; pois pártese da idea de que a economía e o desenvolvemento local debe funcionar como un sistema conxunto.
As axudas que se van presentar están dirixidas a zonas da tipoloxía do concello Barreiros así como a moitos outros da Mariña Lucense. En opinión do colectivo este tipo de xornadas facilitan coñecer máis de cerca todo o abano das posibilidades que hai, moitas das veces, descoñecidas, e serven para aclarar dúbidas
Nesta ocasión estarán presentes: o IGAPE, Instituto Galego de Promoción Económica que conta cunha liña de axudas para emprendemento en diferentes sectores, para reforma de establecementos turísticos, etc., así como diferentes alternativas de crédito. Para falar de todas estas opcións estará presente o Técnico da Área de Financiamento do IGAPE, Miguel Ángel Romero Sáez.
Contarase tamén coa presenza de Paloma Vázquez Fernández, Xefa da Área Provincial de Turismo da Xunta de Galicia, en Lugo. Este ente conta actualmente cunha liña de axudas dirixidas á mellora de aloxamentos turísticos. Accesibilidade, incremento de categoría, obtención da Q de Calidade, embelecemento da contorna, renovación de equipos mobles ou aforro enerxético son actuacións de posible subvención. Esta axuda remata o seu prazo de presentación neste mes de febreiro.
Finalmente contarase tamén coa presenza de Elena Martínez, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda, ente que xestiona o programa Leader para os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Trátase dun programa de axudas económicas para proxectos que contribúan ao desenvolvemento rural, e que polo tanto, está dirixido a múltiples sectores de actividade.
Contarase tamén coa preseza do Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; e ademais das anteriores axudas, trasladarase información de outras en vigor como son as convocadas pola Axencia de Desenvolvemento Rural –AGADER-, o Grupo de Acción Local Pesqueira –GALP- .
A asociación de Hostelería de Barreiros convida a asistir a todas as persoas que poidan ter interese en renovar as súas empresas así como a todas aquelas outras que teñan algunha iniciativa que poner en marcha e poidan beneficiarse deste tipo de axudas, tanto do concello barreirense como de calquera outro do arredor. Ademais, aproveitarase a ocasión para presentar unha iniciativa desta asociación pola cal se pretende crear un grupo ou mesa de traballo polo desenvolvemento turístico de Barreiros e contorna, na cal teñen cabida todas aquelas persoas que a título particular, asociacións, empresas, etc. como poden ser colectivos en defensa do patrimonio, entidades de turismo activo e/ou deportivas, de actividades naúticas, etc. que teñan vinculación con Barreiros e o seu entorno.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



