Lugo, 6 de febreiro de 2019. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participa este mércores, na inauguración do 20ª Salón Internacional do Turismo Gastronómico 2019 que terá lugar, do 6 ao 10 de febreiro na capital ourensá, e no que a Deputación terá presenza cun stand propio para promocionar o turismo da provincia a través da gastronomía e dos seus produtos autóctonos de primeira calidade.
Vidal Baamonde subliñou “Xantar é un escaparate idóneo que reúne a preto de 25.000 visitantes, no que amosar o gran potencial gastronómico da provincia de Lugo. Tres de cada catro españois viaxan motivados pola gastronomía e a nosa riqueza culinaria, a gran calidade dos nosos produtos autóctonos e as numerosas festas gastronómicas da nosa provincia, constitúen unha motivación extraordinaria para que máis turistas gastronómicos realicen escapadas e viaxen pola nosa provincia… E para comer Lugo…”.
Xantar é un importante encontro do sector turístico da comunidade galega, un referente totalmente consolidado para os destinos enogastronómicos máis punteiros. tanto de España como de Portugal. Durante os cinco días que dura o evento, o Goberno da Deputación conta cun stand propio para promocionar os encantos turísticos e a recoñecida e valorada riqueza gastronómica da provincia de Lugo. O venres 8 de febreiro, será o Día da Provincia de Lugo.
Novo material promocional e produtos autóctonos
Como novidade, en Xantar 2019, a Deputación pon a disposición dos visitantes cinco novos folletos promocionais dos 4 xeodestinos da provincia de Lugo (A Mariña Lucense, Ribeira Sacra, Ancares Courel e Terra Chá), e tamén un especial dedicado á gastronomía lucense.
Os visitantes que se acheguen a este espazo, poderán dispor tamén das novas guías ‘E Para comer Lugo’, presentadas recentemente en FITUR e editadas coa colaboración do organismo provincial.
No stand propio da Deputación ofreceranse degustacións de alimentos típicos lucenses: embutidos de Porco Celta, faba de Lourenzá e viños DO Ribeira Sacra. Ademais, o venres 8 de febreiro, que é o día especial dedicado á provincia de Lugo, todas as persoas que se acheguen a este espazo recibirán un pequeno agasallo.
Importancia do Xantar
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico é unha oportunidade única para dar a coñecer Lugo e os seus produtos, pois no evento participan empresas de restauración, produtores, entidades públicas e privadas, e público en xeral, das rexións de España, Portugal e Brasil o país convidado nesta 20ª edición. Xantar conta cun amplo programa de actividades: showcookings de cociña en directo cos mellores chefs, aulas gastronómicas, catas comentadas, maridaxes, degustacións, conferencias de expertos, presentacións de produtos innovadores…
100.000 euros para 28 citas gastronómicas
O Goberno da Deputación achega máis de 100.000 euros para facer posible a celebración de 27 citas gastronómicas nos Concellos da provincia de Lugo, sendo na maioría dos casos a única administración que colabora cos municipios na organización deste tipo de eventos, cos que promove os produtos autóctonos e de calidade, ao mesmo tempo que dinamiza a vida no rural, e promove a economía lucense.
Exemplos disto son: a Festa do Mexillón, de Becerreá; a Feira do Bonito, de Burela, a Festa da Empanada e a Feira do Viño, de Chantada; a Festa da Castaña, de Folgoso do Courel; a Feira do Botelo, da Fonsagrada; a Festa do Berberecho, de Foz; a Festa do Pemento de Mougán, de Guitiriz; a Festa da Tenreira Galega, de Láncara; a Festa da Faba, de Lourenzá; a Feira do Queixo, de Monterroso; a Feira do Mel, de Muras; a Festa da Androlla, de Navia de Suarna; a Feira da Empanada e produtos dos Ancares, das Nogais; a Festiulloa no Castelo de Pambre, de Palas de Rei; a Mostra de viños da Ribeira Sacra, de Pantón; a Feira do Queixo, do Cebreiro; a Festa da Augardente, de Portomarín; a Mostra do Aceite, de Quiroga, a Festa da Cereixa, de Ribas de Sil; o Cocido do Porco Celta da Comarca de Sarria; a Feira do Viño de Amandi, en Sober; a Festa do Caldo de Ósos, de Taboada; a Feira do Queixo e a Feira do Capón, de Vilalba; a Festa dos Cogomelos, de Xermade; ou as feiras de produtos das zonas de Baleira e Triacastela.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



