Lugo, 19 de febreiro de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este mércores na Praza Maior de Viveiro, a cuarta edición do Raid Gallaecia, unha proba multideportiva que se celebrará entre o 10 e o 19 de maio nos concellos da Comarca da Mariña e en Muras, e na que participarán máis de 150 deportistas de todo o continente. No acto, Campos Conde estivo acompañado polo Deputado de Deporte, Pablo Rivera Capón, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o Presidente da Mancomunidade da Mariña, Alfredo Llano García, os organizadores e representantes de varios dos concellos polos que descorrerá a proba.
O Presidente destacou que “A Mariña descóbrese como espazo cunha gran potencialidade para as competicións que unen deporte e o patrimonio natural, así se demostrou fai unhas semanas co Illa Pancha Challenge, un evento que encheu Ribadeo de afeccionados ao surf, e agora temos outro bo exemplo: este Raid Gallaecia, un evento oficial puntuable para as series mundiais, na que os equipos pasarán tres días unindo diversas disciplinas deportivas”.
Trátase dunha carreira de aventuras por equipos, necesariamente mixtos, ou por parellas que une trekking, MTB, kayak, rappel, espeleoloxía e orientación cun total de entre 74 e 120 horas totais de competición. O percorrido transcorrera polos 16 concellos da Mariña así como por Muras e o municipio asturiano de Castropol, sendo Viveiro centro neurálxico e punto de meta. Unha singular proba de preto de 500 quilómetros que contará con participantes de Estonia, Polonia, Francia, Holanda, Suíza e incluso de Uruguai e Brasil, ademais de equipos de diversos puntos da península”.
Campos Conde explicou que “trátase doutra boa oportunidade para exportar o noso patrimonio natural como atractivo turístico e deportivo. Temos moito máis que ofrecer ademais das praias; o interior da Mariña é unha zona descoñecida para moitos, cun gran potencial polo seu valor ecolóxico e turístico”.
Os equipos estarán localizados en cada momento grazas a tecnoloxía creada especificamente para este tipo de probas, que ademais permitirá monitorizar o cumprimento das normas e os puntos de paso máis interesantes para poder observar a competición.
“O evento ten unhas características moi particulares, é probable que os participantes veñan xunto con acompañantes, familia, amigos e seguidores, que contarán cunha guía con información para seguir a carreira, con puntos de paso dos competidores, así como lugares de interese turístico, natural e gastronómico na zona” explicou o Presidente da Mancomunidade da Mariña.






















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
