Ribadeo, 13 de febreiro de 2019. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza este sábado, 16 de febreiro, un novo curso que se desenvolverá nas instalacións do hotel O Cabazo, en Ribadeo, sobre a tecnoloxía do hidróxeno aplicada ao vehículo. Terá unha duración de 8 horas e será impartido por persoal do Centro Nacional do Hidróxeno. O presidente de APAGA, Álvaro Doural, móstrase satisfeito coa acollida que están a ter as actividades formativas que se desenvolven nas fins de semana.
Doural explicou que “o curso desta fin de semana vai estar centrado en todo o tema da tecnoloxía do hidróxeno, en relación aos vehículos e as súas aplicacións. Neste momento é outra posibilidade máis, a parte das baterías de litio hai esta posibilidade que nalgúns países, como Alemania, están tendo moita forza e algunhas empresas están apostando por esta tecnoloxía. Imos ter un curso de oito horas que vai ser impartido polo Centro Nacional de Hidróxeno de España e, como sempre, está destinado para técnicos de empresa, profesores, alumnos de FP, estudantes universitarios e tamén para xente afeccionada ao tema do automóbil”.
O presidente de APAGA declarou que “estamos nunha liña, creo que importante de dar a coñecer toda a nova tecnoloxía que se está movendo arredor do automóbil neste momento. Creo que hai unha parte ao mellor descoñecida, estanse coñecendo máis as medidas por exemplo que está tomando o Concello de Madrid e algún máis en relación ao corte do paso de determinados vehículos, pero penso que o gran descoñecido segue sendo todas as posibilidades que actualmente hai no mundo da industria e o que os fabricantes están intentado poñer en marcha para mirar que o tema de sostenibilidade e medio ambiente teña a forza que todos queremos. Neste momento estase tirando cara a determinadas tecnoloxías que están funcionando, que están aí. Pensar que isto vai ser dentro de vinte ou trinta anos debemos esquecelo, realmente o vehículo eléctrico con pila de hidróxeno está aí e vai chegar ás nosas cidades, aos nosos talleres e aos nosos centros educativos”.
Álvaro Doural engadiu que “nesta nova fin de semana tecnolóxica mantemos o número de 15 prazas, penso que é un número axeitado para que a actividade non se desvirtúe e que todo o mundo poida participar. Neste momento está funcionando moi ben. Custou arrancar, pero neste momento a formación nas fins de semana está en marcha”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



