Burela 3-1-19. As laranxas pechan a xornada 17 e chegan ao descanso pola Eurocopa custodiando a primeira praza de Primeira Liga Foro 16 Feminismo. O Pescados Rubén Burela FS conseguiu tres novos puntos sobre o Sala Zaragoza, en postos de descenso, cunha segunda parte irresistible (2-8). Comezaron as de Juio Delgado e Lucas con demasiado tenteo ante un rival que soubo aguantar ben con 1-2, aínda que tras o descanso as galegas demostraron que querían ir a polo partido e conseguiron a vantaxe de 1-8 en tan só sete minutos, co infinidade de ocasións e sen perigo das locais.
Dany foi a primeira en avisar, xa no minuto 2, cun disparo que se estrelou contra o largueiro. Con todo, foron as locais as que estrearon o marcador, no minuto 7, cun lanzamento baixo de Jenifer. Cami empatou a contenda, no 10, nunha transición de Peque. Boix e Livia, en dúas ocasións, puxeron a proba a rede Jozi, con boa resposta da meta brasileira, e despois as galegas souberon aproveitar un desaxuste defensivo das aragonesas, nas zapatillas de Cilene, para poñerse por diante con catro minutos para o descanso.
Regresou á pista Pescados Rubén sen contemplacións. Cristina, por partida dobre no minuto 24, e Luci, no 25, ampliaron a fenda ata o 1-5. Antes de chegar ao ecuador da segunda parte, a sempre máxica Cilene selou o 1-6, en libre indirecto; Cami anotou no minuto 30, en contragolpe, e Alves subiu ata o 1-8, no 31. A falta de cinco minutos, o Sala Zaragoza puido mitigar levemente a avalancha goleadora das laranxas co 2-8 de Sarah, aproveitando un rexeite a tentativa de Livia; o conxunto local tan só tivera outras dúas oportunidades sobre a rede laranxa nesta segunda parte.
Regreso da liga, sábado 23
A liga de Primeira retomarase o sábado 23, abrindo a Tarde Laranxa Pescados Rubén Burela FS-FSF Móstoles, seguido do derbi irmandiño de Segunda LNFS fronte a Santiago Futsal.
Ficha técnica
AD Sala Zaragoza: Suzan, Jenifer, Livia, Boix, Lioba, cinco inicial; tamén xogaron Laura R., Sarah, Rocío, María José
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Peque, Cami, Lara Balseiro, cinco inicial; tamén xogaron Cristina, Cilene, Luci, Bea Mateos, Alves, Ana Romero
Goles: 1-0, minuto 7, Jenifer; 1-1, minuto 10, Cami; 1-2, minuto 16, Cilene; 1-3, minuto 24, Cristina; 1-4, minuto 24, Cristina; 1-5, minuto 25, Luci; 1-6, minuto 29, Cilene; 1-7, minuto 30, Cami; 1-8, minuto 31, Alves; 2-8, minuto 35, Sarah
Árbitros: Greppi Berges // Fallas Martínez. Por Zaragoza amarela a Lioba (minuto 30). Por Burela amarela a Alves (minuto 40)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 17 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en La Granja.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
