O Presidente da Deputación, Darío Campos, xunto ao Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, e o Presidente de ACRUGA, César Dorado, participaron este sábado na Poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega e Feira de Razas Autóctonas da Mariña que tivo lugar no Valadouro. O Goberno da Deputación colabora con ACRUGA cunha achega de 380.000 euros, dos cales 180.000 destínanse á recría e celebración de poxas de gando vacún de raza rubia galega; e os outros 200 para un programa de seguemento do crecemento de 10.000 toros, co que seleccionar e mellorar a xenética da raza.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



