Lourenzá 28-2-19. Manu Rodriguez, admitido en lonxitude, triple, 1000 e 3000 finalmente decantarase polas súas probas favoritas: o 3000 e o triple.
Fer Vallines participará na Final de lanzamento de peso buscando un novo metal no seu currículum. Carme Alonso, que sae dunha lesión buscará estar entre as mellores na final do 3000, e pola súa banda Guillermo García accede por 1ª vez a un galego formando parte da final de peso. Ademais, Mariña Salvatierra ten posibilidades de entrar na final de 1000, posto que está a un posto de acceder.
