Ribadeo, 28 de febreiro de 2019. O Concello entregou esta tarde preto de 1.000 árbores frondosas para a súa plantación en parcelas afectadas pola lei de incendios de Galicia. Repartíronse pradairos, bidueiros, freixos, castiñeiros híbridos, cerdeiras, carballos, abeleiras e nogueiras. En total no Concello recibíronse 38 solicitudes para 57 parcelas nas que se plantarán estas especies. O alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Sostibilidade Ambiental e Medio Rural, Paz Ermida e Vicente Castro, respectivamente, participaron neste acto de entrega de árbores, que tivo lugar no Cantón dos Moreno.
O rexedor ribadense sinalou diante dos receptores das árbores que “todo o mundo temos que estar de acordo coas normas. Sabemos que hai veces que hai xente que lle desgusta, e eu o lamento, non o facemos para enredar nin para molestar a ninguén. Sabemos que isto vai ser unha seguridade e Ribadeo será un sitio agradable dentro duns anos, cando se vexa todo cortado, como xa está en case todo”.
Fernando Suárez contou que “case todo o mundo cumpriu, nos que non cumpriron o Concello vai executar subsidiariamente nos próximos tempos, irremediablemente, lamentando moito polos que non quixeron cortar”.
O alcalde subliñou: “quixemos ter tamén unha atención con aqueles que de maneira voluntaria foron cumprindo coas normas. De aí que ideamos este sistema que nos parece o mellor porque, cando se pela unha faixa de protección, despois iso acaba retoñando outra vez. Entón a mellor maneira é, cumprindo a norma, poñendo a vexetación frondosa que é a que tamén contén o lume en caso de que haxa un incendio, e ao mesmo tempo facilita para os propietarios que non teñan que estar cada ano con tanta folgueira, tanto toxo, acacia ou eucalipto”.
Suárez Barcia dixo que “fixemos un sistema que desde o Concello de Ribadeo demos unha audiencia pública, todos os que solicitaron, que cumpriades as normas na vosa proporción da superficie tedes vexetación autóctona e quixemos convocalos hoxe aquí porque quixemos que dos viveiros viñesen directamente para cada terreo, de feito veñen frescas as raíces, están húmidas”.
O rexedor dixo aos asistentes: “quero agradecervos a vosa colaboración e dicir que con todos vosoutros somos un Concello modélico e estamos dando exemplo para toda Galicia”.
O Concello investiu 6.500 euros na compra destas árbores frondosas que hoxe foron repartidas. Xunto aos propietarios dos terreos nos que se van plantar estivo tamén o técnico de Medio Ambiente, Xaime Pérez.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



