Foto de arquivo
Ribadeo, 26 de agosto, 2026. O BNG de Ribadeo acusou ao goberno municipal do PP de “mentir á veciñanza” e de “xogar co diñeiro público” en relación ás obras do pavillón da rúa Alfredo Deaño. A formación nacionalista asegura que o executivo local incorre nunha “contradición evidente”, ao afirmar agora que a zona do hall, as baixantes e os accesos aos baños eran os únicos puntos nos que non se actuara.
Segundo explica Raquel Ferreira, “en marzo o propio goberno daba a obra por rematada e aseguraba que esas zonas xa estaban amañadas”. O BNG critica que o Concello anuncie agora un novo investimento de 30.000 euros, cando “a hemeroteca mostra que esas actuacións xa se daban por feitas”.
Para os nacionalistas, esta situación evidencia “unha xestión irresponsable do orzamento municipal”, ao considerar que o PP “primeiro presumiu de ter resolto a obra e agora pretende xustificar outro gasto dicindo que nunca se actuara nesa zona”. Ferreira cualifica o feito como “unha falta de respecto á veciñanza e ás persoas usuarias das instalacións”.
O BNG reclama ao alcalde e ao concelleiro de Deportes que “deixen de despilfarrar recursos públicos en parches e mentiras” e que expliquen por que “hai que pagar dúas veces polas mesmas obras mentres o pavillón segue en mal estado”.



















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



