Lugo, 20 de febreiro de 2019. O Goberno da Deputación, a Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo (APEHL), representantes de empresas gastronómicas, das asociacións de produtores, das Indicacións Xeográficas Protexidas e das Denominacións de Orixe Lucenses mantiveron un encontro no que acordaron a creación de xornadas gastronómicas anuais, coas que se porá en valor a gastronomía lucense. Trátase dun evento destinado a dinamizar a actividade do sector servizos, mediante a degustación en restaurantes de toda a provincia de produtos acreditados con selo de calidade. A previsión é que as primeiras xornadas se celebren en abril e teñan unha continuidade nos vindeiros anos.
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, subliñou que “a gastronomía lucense é un valor en alza que contribúe a impulsar a economía en toda a provincia e a atraer o turismo cara ao noso territorio. Con este acordo, pretendemos favorecer o consumo de produtos autóctonos. A clave deste proxecto é resaltar a calidade dos alimentos que se producen no noso territorio. É un paso máis na nosa aposta pola gastronomía como elemento promocional da nosa cultura”.
“A gastronomía é unha chave para o desenvolvemento. Neste senso, temos dado pasos importantes, con selos de calidade que amparan zonas xeográficas concretas dentro do noso territorio, tanto de produción, como de transformación e elaboración dos nosos produtos. Os selos de Indicación Xeográfica Protexida e de Denominación de Orixe Protexida escudan, como non podía ser doutro xeito, unha gran cantidade de produtos galegos, e por ende, lucenses. Nun territorio onde cultura, tradición e diversidade van da man, a gastronomía constitúe un importante factor de promoción económica, social, turística e cultural”, destacou.
A celebración consistirá na degustación de produtos autóctonos con selo de calidade en restaurantes de toda a provincia. Durante o evento, os hostaleiros incluirán nas súas cartas menús con alimentos ben que conten con Indicación Xeográfica Protexida, Denominación de Orixe ou raza autóctona con selo de calidade.
Entre os obxectivos destas xornadas gastronómicas tamén se atopa a desestacionalización de produtos, como un incentivo máis que contribúa a xerar riqueza na provincia. O fin é dar continuidade á promoción de produtos fóra das épocas propias de produción.
Toma de contacto
Neste primeiro encontro coa Deputación participaron un total de 19 representantes de distintos colectivos que tomarán parte na organización destas xornadas gastronómicas. Así, estiveron presentes na reunión voceiros dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe, de Indicacións Xeográficas Protexidas, e representantes de empresas e de asociacións de produtores.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



