Foz, 14 de febreiro de 2019. O popular Javier Jorge Castiñeira preséntase á reelección como alcalde de Foz coa mesma ilusión que no ano 2011, pero con máis experiencia e moito traballo feito. Díxoo no acto que se celebrou esta tarde no hotel Leyton coa participación da presidenta do PP provincial de Lugo, Elena Candia; e do portavoz adxunto do grupo popular no Senado, Xosé Manuel Barreiro.
“A verdade é que me sinto plenamente orgulloso de poder repetir, de poder facelo coa mesma ilusión que levaba no ano 2011, pero loxicamente con moita máis experiencia e cun proxecto que está aí para que todos o poidan xulgar. A nosa intención, durante estas próximas semanas, é avaliar o traballo que fixemos. Para nada imos meternos en ningún tipo de críticas nin en debates estériles coa oposición. Descoñecemos a día de hoxe quen van ser os nosos rivais e o Partido Popular de Foz ten oito anos de garantías na economía local, de rigor nas contas, de estabilidade orzamentaria, máis as garantías das obras e investimentos que se fixeron durante este mandato. E sobre todo por telo feito en minoría, chegando a pactos e acordos con practicamente todos os partidos da corporación municipal”, explicou Javier Castiñeira.
Ademais o candidato do PP á Alcaldía de Foz destacou que “cousas que eran impensables hai oito anos, como aprobar un plan xeral de ordenación municipal, é un feito histórico porque Foz xa posúe un PXOM actualizado. Tamén conseguimos que funcione a residencia de maiores, que é cousa de quince días; temos un pavillón polideportivo municipal recentemente modificado; temos unha oficina de turismo virtual da Mariña no CENIMA e tamén un centro de interpretación de San Martiño, que está funcionando desde hai un ano. Ademais estamos remodelando a zona de As Torres e houbo un cambio fundamental no centro urbano de Foz. Tamén se duplicaron os servizos para a dependencia no noso concello. Son moitos fitos como estes os que marcan esta lexislatura, da que imos dar conta aos nosos veciños, e imos facelo con todo o rigor, con todo o criterio e desde a humildade e a ilusión de poder renovar, non só mellorando os nosos resultados senón tamén cunha maioría absoluta que sexa xusta co traballo feito nestes últimos anos”.
Pola súa banda, a presidenta dos populares lucenses, Elena Candia, destacou durante a súa intervención “o bo traballo do alcalde de Foz e o seu equipo de goberno, que durante dous mandatos en minoría demostrou a súa capacidade de diálogo, de chegar a acordos e de resolver problemas”. De feito, “logrou sacar adiante, por exemplo, o Plan Xeral”. Pero o alcalde e o goberno popular local “tamén demostraron a súa capacidade por atraer investimentos, cos que logrou mellorar a imaxe da vila de Foz”.
Estas son, segundo a presidenta do PP da provincia, “as características dun bo alcalde e as que creo que debe reunir calquera rexedor”. Así, Candia concluíu dicindo que “Javier Jorge Castiñeira e o PP de Foz merecen a maioría absoluta”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



