Burela, a 11 de febreiro de 2019.- O candidato popular á alcaldía de Burela, Manuel Rouco, asegurou hoxe que “o PP foi o único grupo político que no pleno do pasado xoves se preocupou polas cousas do día a día da vida municipal. Mentres que o PP tratou nas súas mocións, e tamén nos rogos e preguntas, asuntos que competen á vida municipal e dos cidadáns do noso concello, os demais grupos dedícanse a facer demagoxia política cun tema tan sensible como é a sanidade”.
Rouco indicou que “o Grupo Municipal Popular preguntou se algunha organización da sociedade civil se preocupou pola falla de médico na Unidade de Atención ao Drogodependente, que se prolongou durante un ano, e que está sostida con fondos públicos. A falta de coñecemento que mostrou o alcalde ao respecto, amosa ás claras o interese que teñen algúns en facer política sobre este asunto, esquecendo cuestións que non son tan menores coma eles pensan”.
O candidato popular tamén fixo mención aos rogos e preguntas que o Grupo Municipal Popular plantexou: “realidades que están á vista de todos, e que todos podemos ver que por culpa do pasotismo do alcalde e do seu goberno non se solucionan”. Así, Rouco lembrou o “mal estado no que se atopa o entorno da nova escola infantil, con herbas nas beirarrúas, as varandas da ponte sobre FEVE en mal estado, etc. Unha situación que de prolongarse suporá un maior esforzo económico polo que require unha solución inmediata”, concreta.
“O mesmo acontece co paso baixo a vía de tren que une a rúa Nosa Señora do Carme co barrio do Correo Vello: pintadas e desconchados que fan precisa unha inmediata actuación”, indicou Rouco. Igualmente, “é preciso actuar de inmediato para arranxar un paso canadense que está colocado xusto na intersección da vía de servizo que vai do Torno ao acceso ao Hospital e que xa ten provocado algún accidente. Ou unha zona de aparcamento no Cantiño, que consideramos mal ubicada, dado que na mesma hai bancos para que os peóns poidan sentarse e mesmo colectores de lixo”, engade.
Manuel Rouco tamén considera que “o alcalde está ausente ante a desidia do goberno socialista da Deputación para arranxar as cunetas da estrada que vai desde o Cuartel da Garda Civil ao cemiterio da Puida; cunetas feitas un desastre que están a provocar situacións conflitivas sobre de todo na curva que a estrada fai por riba da variante”.
“En resumo, o que vemos é que o alcalde e o seu equipo están máis pendentes do postureo e das fotos que dos problemas do día a día, que son os que teñen que aguantar os sufridos veciños e veciñas do noso concello”, asegurou Rouco. Nese sentido, o candidato do PP á alcaldía pídelle ao alcalde que “polo menos, nos cen días que lle quedan faga algo para arranxar estas e outras situacións que nos levan a dicir que Burela, cos socialistas, de Bonita ten pouco”, conclúe.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



