Ribadeo, a 16 de febreiro de 2019. Os Grupos Municipais do Partido Popular de Ribadeo (PPdG), Gupo mixto e Partido Socialista de Galicia-PSOE, en base á lexislación vixente, presentan diante do Pleno da Corporación Municipal de Ribadeo esta moción relativa á posta en marcha de accións tendentes a recabar axudas solidarias no marco de Ribadeo Indiano para paliar os danos infrinxidos por un tornado no Hospital Hijas de Galicia da Habana perante o recente temporal que asolou a illa de Cuba.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
1.- O pasado 27 de xaneiro un forte tornado azoutou a cidade da Habana (Cuba) causando cuantiosos danos materiais e persoais. Polo menos 6 mortos, 172 feridos e 3.780 vivendas afectadas (das que 372 son derrubes totais e 518 parciais) son, polo de agora, o balance da catástrofe acaecida.
2.- No Hospital Materno Hijas de Galicia –así chamado popularmente aínda que oficialmente o seu nome sexa Hospital Materno Infantil Diez de Octubre- situado no concello habaneiro de 10 de Outubro, houbo que evacuar á totalidade do persoal, das nais e dos nenos residentes, ante os graves danos sufridos nas instalacións con caída de teitos, rotura de portas e ventas, derrube de paredes e outros.
3.- A sociedade Hijas de Galicia naceu en 1917 para defender, apoiar e asistir ás mulleres galegas que estaban en situación de desamparo e marxinación. Chegou a contar con 58.000 asociadas e en 1924 construíu un Hospital e un Balneario na Praia de Miramar para repouso de enfermos e lugar de ocio. Nos períodos 1942-1944 e 1946-1949, tivo como presidente a Antonio Bouso, un emigrante de Riotorto que contou na directiva con outros dous riotortenses, José e Andrés Bargueiras. O Hospital Materno Hijas de Galicia, hoxe en mans do goberno cubano, segue no mesmo lugar como un monumento posto en pé á solidariedade que exerceron os galegos polo mundo.
4.- A edición deste ano de 2019 da festa de Ribadeo Indiano dedícase a Cuba. Unha fermosa celebración coa que os ribadenses poñemos en valor o noso rico legado emigrante e celebramos valores como a integración, a solidariedade, a concordia e a interculturalidade. Unha festa que quere contribuír non só a que os países que acolleron aos nosos emigrantes non sexan só os lugares onde repousa boa parte da memoria de Galicia senón tamén, e sobre todo, territorios de futuro, prósperos e útiles para todos a través do mutuo intercambio e do coñecemento mutuo.
Polas anteditas razóns, os Grupos Municipais do Partido Popular de Ribadeo (PPdG), Grupo mixto e Partido Socialista de Galicia-PSOE someten á consideración do Pleno da Corporación Municipal de Ribadeo esta moción para que se adopten os seguintes.
ACORDOS:
• Que esta edición do Ribadeo Indiano inclúa, nas datas da celebración da festa no mes de xullo ou de meses anteriores, unha serie de proxectos e actividades –que poden ser, entre outras, concertos, mercados solidarios, poxas de arte, apertura dunha conta corrente para recadar donativos, accións concretas nas distintas parroquias e en medios de comunicación, etc. etc._ tendentes a solicitar axudas económicas para contribuír a restaurar, total ou parcialmente, o Hospital Materno Hijas de Galicia da Habana, en Cuba. Sería un pequeno xeito de devolver tanta solidariedade e tanto apoio como brindou Cuba, e o pobo cubano, aos emigrantes galegos e, particularmente, ás mulleres emigrantes galegas.
• Instar ao Alcalde-Presidente e ao goberno do Concello de Ribadeo a que se dirixan ás autoridades cubanas ou ás súas delegacións, embaixadas ou consulados en España para que informen sobre a forma de canalizar debidamente as axudas que eventualmente poidan acadarse de xeito que cumpran, de modo estrito e rigoroso, coa legalidade vixente no noso ordenamento xurídico e, en particular, coa Lei de Bases de Réxime Local que rexe a vida e as accións dos nosos concellos.
• Instar ao Alcalde e ao goberno de Ribadeo a que faga un chamamento á sociedade galega e ás súas institucións (asociacións e entidades sectoriais, organismos públicos como a Xunta de Galicia, Deputacións, concellos, etc.) para que se sumen a esta iniciativa solidaria e fagan as súas aportacións a través das contas e mecanismos que habilite Ribadeo Indiano.
Asinado: Jesús López Penabad (Portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, PPdG)
Asinado: Marta María Saíz García (Portavoz do Grupo Mixto)
Asinado:Aurora González Ginzo (Portavoz do Grupo Municipal Socialista)





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



