Viveiro 25-2-19. O BNG de Viveiro ven de entregar no rexistro do concello de Viveiro, unha proposta de moción sobre o 8M para que sexa tomada en consideración pola alcaldesa e a introduza no vindeiro pleno para o seu debate e aprobación. Os acontecementos e debates arredor deste histórico 8M, sitúan un desafío político de primeira orde, onde temos que poñer todos os nosos instrumentos e capacidades tamén desde os poderes públicos, apunta a vicerresponsable do BNG Miriam Bermúdez.
Dende o BNG ven moi preocupante a ofensiva reaccionaria e patriarcal impulsada pola dereita que ten, entre outras ameazas, o intento de cuestionar a violencia machista e a de romper os consensos aos que se tiña chegado sobre os dereitos da mulleres. Unha ofensiva que tamén afecta, recalca Miriam, aos nosos corpos e á decisión que temos sobre eles impulsando os ventres de alugueiro ou falando de políticas de aumento de natalidade sen que as mulleres poidan pronunciarse, situándoas como mercadoría e como obxecto.
A vicerresponsable do BNG, Miriam Bermúdez, demanda da sociedade e dos poderes públicos unha resposta máis contundente contra a ofensiva patriarcal do momento, xa que é innegábel que despois dunha época de expansión dos dereitos das mulleres e de avance na igualdade, agora esteñamos a vivir unha forte ofensiva patriarcal, e mentres que a violencia machista continúa asasinando mulleres, o tan aplaudido Pacto de Estado contra a violencia machista non trouxo un impulso de mudanzas lexislativas e de compromisos orzamentarios suficientes. Nin tampouco o goberno galego é permeábel a comprometerse con saltos cualitativos que supoñan cumprir e desenvolver o sinalado na aínda hoxe pioneira lei galega de 2007.
Por todo isto dende o BNG de Viveiro chamamos a toda a veciñanza e forzas políticas a sumar a prol das iniciativas do movemento feminista galego, que desde o espazo colectivo Galegas 8M, se está a traballar no impulso dunha manifestación nacional o vindeiro 3 de marzo en Lugo e nas diferentes mobilizacións e actividades do propio 8 de marzo, pedíndolle ao BNG de Viveiro e ao resto de membros da corporación municipal que sexan valentes e demostren o seu compromiso coa defensa da igualdade dos dereitos da muller e na loita contra a violencia de xénero, manifestando:
-A favor do recoñecemento e apoio a Galegas 8M e á convocatoria de manifestación nacional do 3M e o 8M.
-Desaprobar a Xunta de Galiza por ter actuado de forma incorrecta o pasado 8 de marzo de 2018, onde vulnerou o dereito fundamental de folga ao non ter impulsado unha rectificación das súas políticas, que contribúen á permanencia da desigualdade.
-Así como o compromiso contra as ameazas de retrocesos en materia de dereitos, de forma especial en canto á violencia machista, ó dereito ao aborto e á permisividade ou legalización dos ventres de alugueiro.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



