Lugo, 25 de febreiro de 2019. O voceiro do BNG na Deputación anunciou a presentación de dúas iniciativas para o Pleno da Corporación Provincial. Xosé Ferreiro explicou que “tratamos de que os servizos que se pagan dende esta deputación non se convertan en chollos para empresas privadas que aplican sobrecustos e empeoran as condicións de traballadores e do servizo ofertado”.
Nunha das iniciativas, os nacionalistas reclaman que a Deputación recupere a xestión do servizo de catamaráns, “ademais proporémoslle ao Pleno que se investige exhaustivamente todo o proceso de adxudicación e funcionamento da contratación do servizo ao longo do ano 2018” dixo Ferreiro e aclarou “pagar por riba dos 250.000 euros máis por un servizo que está aberto menos tempo, que ten menos rutas, que empeora de xeito moi importante as condicións laborais dos traballadores, existen serias dúbidas da legalidade do proceso de adxudicación” dixo Ferreiro.
Outra das iniciativas do BNG será para pedirlle ao pleno da deputación de Lugo que se esixan as responsabilidades oportunas sobre os posibles incumprimentos dos contrato por parte das empresas adxudicatarias do consorcio de bombeiros. Ferreiro sinalou a existencia dun informe no que se recollen unha serie de incumprimentos e se cuantifican preto de 200.000 euros, quedando outros moitos sen poder comprobarse, recoñecendo ademais que outras cuestións están xa prescritas ou non foron feitas porque a Deputación non as reclamou.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



