Mondoñedo, 18 de febreiro de 2019 .- O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de iniciar con numerosas actividades o ‘Servizo Actívate’ nos locais sociais das parroquias. A rexedora, Elena Candia, explica que o Goberno local “aposta así por achegar as actividades ao rural e polo adecentamento dos locais sociais, de maneira que xa se arranxaron varios”.
As actividades, todas elas de balde financiadas polo Goberno local, desenvolveranse de luns a sábado en horario de tarde entre os meses de febreiro e maio e pretenden ser unha alternativa de entretemento para os veciños das diferentes parroquias da localidade onde se impartirán clases de cociña, manualidades e ximnasia de mantemento.
Candia explica que dende a administración local “temos en conta tamén o rural do noso municipio” e, polo tanto, “deseñamos un proxecto de dinamización social que conta con catro actividades diferentes coas que ofrecerlles aos veciños e veciñas das parroquias distintas alternativas para o seu tempo de lecer”, engade a rexedora.
Horarios e actividades
Os luns ás 16:00 horas haberá clase de manualidades en Oirán e ás 18:15 horas en Santa María Maior. Ás 20:00 horas haberá clases de cociña no Carme.
O martes será a quenda das clases de cociña ás 18:00 horas en Masma e ás 20:15 en Figueiras. Mentres que os mércores as clases de cociña serán ás 20:00 horas en Sasdónigas. O xoves as clases de cociña serán en Argomoso ás 20:00 horas.
Os venres haberá ximnasia de mantemento ás 18:30 horas nos Muíños e ás 20:45 horas en Viloalle. O sábado ás 21:30 haberá clase de zumba en Estelo.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



