Ribadeo, 13 de febreiro de 2019. O Concello acometerá as obras de pavimentación do camiño que vai da Faxarda ao cemiterio municipal. O investimento ascenderá a 68.000 euros, procedentes de fondos municipais, e as empresas interesadas dispoñen dun prazo de 20 días para presentar as súas ofertas. O período de execución dos traballos, unha vez que se inicien, será de dous meses. O proxecto inclúe tamén o arranxo do aparcadoiro do cemiterio municipal.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello de Ribadeo queremos levar adiante unha obra que consideramos moi importante. Trátase do proxecto de pavimentación do camiño da Faxarda ao cemiterio municipal. Esta vía está sendo usada, non soamente polos residentes, senón tamén por parte importante dos veciños da vila e máis da parroquia de Ove, posto que comunica o cemiterio municipal coa estrada da Deputación que vai cara ás parroquias do interior”.
O rexedor explicou que “lle queremos dar unha volta a toda esa zona e queremos empezar agora por este vieiro principal e imos aproveitar tamén para acondicionar o aparcadoiro do cemiterio municipal que está nun estado penoso. De aí que os técnicos municipais redactaron un proxecto cun orzamento que ascende a máis de 68.000 euros, que van vir de fondos propios do Concello, e que xa desde hoxe está colgado na plataforma de contratos do Estado durante un prazo de vinte días para que todas as empresas que estean en condicións de poder licitar esta obra presenten as súas propostas”.
Suárez Barcia engadiu que “o criterio de adxudicación vai ser o prezo máis baixo e o período de execución desta obra vai ser dun máximo de dous meses, polo tanto todas aquelas empresas que queiran, que estean cualificadas, que estuden ben a proposta e que fagan as súas propostas dentro deste prazo legal”.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



