Ribadeo, 25 de febreiro de 2019. O Concello inaugura a exposición fotográfica Síntese sobre os proxectos realizados polo obradoiro de emprego Doc-Tic II. Esta interesante mostra está composta por 23 fotos seleccionadas entre as realizadas para os dous proxectos fotográficos que forman parte da actividade formativa e que se engade aos traballos de dixitalización de documentación histórica do Concello. Cada participante seleccionou 4 obras.
Con esta iniciativa móstrase parte do traballo realizado polos participantes nas dúas especialidades que integran este obradoiro que conta coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria e co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020.
O acto inaugural terá lugar o vindeiro venres, 1 de marzo, ás 12:00 horas coa presenza do alcalde, Fernando Suárez, e outras autoridades do Concello.
A exposición Síntese poderase visitar ata o día 10 de marzo na Oficina de Turismo de Ribadeo en horario de 10 a 14 e de 16 a 18 horas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



