Viveiro, 13 de febreiro de 2019. Os vindeiros días 3 e 8 de marzo, en Lugo e Santiago, respectivamente, terán lugar as manifestacións convocadas polo movemento feminista galego para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O Concello de Viveiro é consciente da necesidade de reivindicar os dereitos das mulleres na nosa sociedade en todo os ámbitos, dando deste xeito continuidade ás reivindicacións iniciadas en 2018, no que todos os estamentos sociais manifestaron o seu apoio a esta causa logrando que a manifestación do 8M acadase unha proxección e poder de convocatoria históricos.
Dende o Concello de Viveiro e, en concreto dende a Concellaría de Cultura e Muller, realizáronse as xestións necesarias para facilitar o desprazamento ata Lugo e Santiago de todas aquelas persoas que queiran participar nestas concentracións. Para isto, vaise fletar un autobús, para asistir a cada unha destas concentracións, no que poderán viaxar de xeito gratuíto todas aquelas persoas interesadas ata completar as prazas. Para facer uso deste servizo, é preciso anotarse no Centro de Información á Muller, sito nos Claustros de San Francisco, antes do 22 de febreiro.
Finalmente, dende o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a participar nestas manifestacións co fin de reivindicar os dereitos da muller, unha loita que precisa do compromiso de todos e todas para defender os dereitos conquistados e seguir loitando polo moito que queda por facer.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



