Ribadeo, 7 de febreiro de 2019. O Concello realiza obras de mellora dos accesos a Santalla de Vilaousende e a Couxela. Estes traballos son financiados ao 100% polo Concello e a Deputación. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que estas actuacións foron consensuadas coas asociacións veciñais e que nos vindeiros días seguirán máis traballos noutras parroquias do interior e da costa.
O rexedor explicou que “seguimos traballando desde o goberno municipal con moita intensidade, neste caso nas nosas parroquias da vila tanto da costa como do interior. Nestes días estamos efectuando unha serie de traballos de mellora de accesos a núcleos a través destas novas fórmulas de aglomerado asfáltico, que tan bo resultado dan ao longo de moitos anos pola súa durabilidade e pola súa comodidade de tránsito de vehículos”.
Fernando Suárez contou que “estamos actuando en Santalla de Vilaousende e na parroquia de Couxela. Nesta última nos accesos á igrexa e ao cemiterio dentro dunha explanada importante que queremos deixar tamén acondicionada, para aparcamento de vehículos para as celebracións relixiosas ou doutro tipo. Logo tamén no acceso a Santalla nunha serie de camiños que estaban nunha situación lamentable, onde había moitos veciños e usuarios que se queixaban desde hai moito tempo, e a través do diálogo coas asociacións de veciños fómolas incorporando nas prioridades para ir actuando”.
O alcalde ribadense subliñou que “estes traballos son financiados a través dun programa entre a Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo. Entre as dúas administracións sufragamos o cen por cento desta inversión que está, nun caso, adxudicada a Deymet, unha empresa de Navia chamada Desarrollos y Metas, e outra a Cazás, unha empresa de Burela”.
Suárez Barcia engadiu: “confiamos na boa execución destes traballos que tamén van levar un pintado de sinalización das beiras, para maior seguridade do tráfico. É algo no que seguiremos traballando, nos próximos tempos, nas parroquias do concello”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



