Lugo, 09 de febreiro de 2019. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou este venres no Día do Mar, enmarcado no XX Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se está a celebrar en Expourense ata o vindeiro domingo. O Goberno da Deputación conta cun espazo propio nesta feira no que está a amosar o gran potencial gastronómico da provincia de Lugo a través da divulgación de novo material turístico e degustacións de alimentos típicos lucenses: embutidos de Porco Celta, fabas de Lourenzá e viños DO Ribeira Sacra.
Vidal Baamonde subliñou que “tres de cada catro españois viaxan motivados pola gastronomía. Neste caso, a nosa riqueza culinaria, a gran calidade dos nosos produtos autóctonos e as numerosas festas gastronómicas da nosa provincia, constitúen unha motivación extraordinaria para que máis turistas nos veñan a visitar. Na nosa provincia celebramos numerosas festas gastronómicas entorno aos produtos do mar destacando a Feira do Bonito, de Burela; a Festa do Berberecho, de Foz; a Festa da Merluza do Pincho en Viveiro, a festa do Ourizo e do Mexilón en Cervo; a festa do Pulpo en Xove ou a festa do Percebe en Ribadeo”.
Durante a xornada deste venres celebrouse, así mesmo, o Día da Provincia de Lugo. Con este motivo, todas as persoas que se achegaron ao stand da Deputación recibiron un pequeno agasallo composto por unha bolsa de tea, unha libreta e un bolígrafo, todo rotulado co lema promocional da provincia: Lugo Cambia.
A Deputación achega 100.000 euros para impulsar 28 citas gastronómicas
O Deputado de Turismo subliñou que “o turismo gastronómico é un piar fundamental no desenvolvemento deste sector na provincia lucense, pois contamos con produtos de primeira calidade que, sen dúbida, xustifican o lema… E para comer Lugo. Por iso, dende o Goberno Provincial achegamos ao longo do ano máis de 100.000 euros para facer posible a celebración de 28 citas gastronómicas ao longo do noso territorio. Facémolo, ademais, dentro da nosa aposta por potenciar cada un dos recursos dos nosos Concellos como un valor diferencial que nos converten nunha provincia única, que cambia de recuncho a recuncho”.
Vidal Baamonde engadiu que “visitando a provincia pódese gozar, na zona norte, ademais das fermosas e extensas praias, bañadas polo mar Cantábrico, de produtos pesqueiros de altísima calidade, demandados polo mercado nacional e internacional. Entre eles atópanse a merluza do pincho ou o bonito, dous dos produtos do mar que contan con maior prestixio gastronómico en Galicia. Como sabedes, a pesca é un dos sectores punteiros da nosa economía, non en vano, contamos con dous dos principais puntos de descarga de pesca fresca de Europa: o porto de Celeiro, en Viveiro, e o porto de Burela”.
O Deputado apuntou que “os produtos do mar son capaces de xerar unha enorme riqueza, cun volume de negocio de máis de 125 millóns de euros só para a provincia de Lugo, e de dar emprego a miles de familias lucenses. Motivo polo que en conxunto coa Mancomunidade da Mariña, Asociacións de Hostaleiros, entidades, e profesionais estamos a impulsar os produtos autóctonos e, como non pode ser doutro xeito, os produtos do mar cos que contamos e que son de primeira calidade”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



