Lugo, 21 de febreiro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, amosou hoxe a súa satisfacción polo novo paso que dá Fomento para a construción da futura Autovía da Mariña, A-74. A subdelegada cualificou de “boa noticia para A Mariña e para a provincia no seu conxunto” a próxima formalización do contrato para os traballos de redacción dos proxectos de trazado e construción do treito Burela-Foz, nos que Fomento vai investir 1.363.732 euros.
“Este Goberno actúa, non fai propaganda, os nosos proxectos reflictense no Boletín Oficial do Estado”, destacou Isabel Rodríguez ao referirse ao anuncio de formalización do contrato para a redacción dos proxectos do treito Burela-Foz, dos que se van encargar PK VEINTIOCHO INGENIERIA, S.L. e EPYPSA EYSER, S.A.
Isabel Rodríguez tamén destacou que con esta medida “o Goberno de Pedro Sánchez dá un paso máis para mellorar as comunicacións da Mariña e acabar así coa inxustiza que supón a falta dunha autovía que vertebre e axude ao desenvolvemento dunha das comarcas máis dinámicas social e economicamente da provincia de Lugo”.
A subdelegada do Goberno destacou que a redacción dos proxectos de trazado e construción do treito Burela-Foz é o segundo paso que dá este Executivo para avanzar na construción da Autovía da Mariña e lembrou que Fomento xa someteu a información pública o proxecto de trazado do treito Barreiros-Foz. Este proxecto ten unha lonxitude de 11,15 km, contempla a execución de tres enlaces (Barreiros, O Carme e Foz) e ten un investimento estimado de 241,4 millóns de euros.
A autovía A-74 permitirá dar continuidade á A-8, a través do corredor cantábrico da Mariña entre Barreiros e San Cibrao, de xeito que suporá unha alternativa á N-642, estrada que ten unha Intensidade Media de Tráfico superior a 11.000 vehículos diarios, con incrementos de tráfico significativos na época estival, na que se chega aos 15.000 vehículos ao día.
A construción desta autovía mellorará os índices de accesibilidade, capacidade e seguridade vial, ademais de potenciar a economía da comarca e da provincia de Lugo, dando unha óptima conexión aos portos de San Cibrao, Burela e Celeiro. Asimesmo, a súa construción vai mellorar os tempos de percorrido na costa lucense e a comarca da Mariña.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



