Lugo, 13 de xaneiro de 2019.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe os traballos que están a desenvolver os alumnos e alumnas do obradoiro de emprego ‘Serra da Cadeira V’, que leva a cabo diferentes actuacións nos concellos de Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo e Trabada, moitas delas vinculadas ao Camiño de Santiago. Balseiro achegouse ás obras que está a executar o taller no albergue de Gondán, en Barreiros. Entre outras melloras, cambiarase a cuberta do inmoble e o peche.
O obradoiro conta con 20 persoas alumnas e imparte formación específica en instalación de elementos de carpintería, mecanizado de madeira e derivados e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en aproveitamentos forestais. Está promovido polos concellos e financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria cun investimento de 288.800 euros. Para a súa posta en marcha foron contratados, ademais dos alumnos-traballadores, un director, un administrador e dous monitores.
As actuacións a desenvolver ata a súa finalización, a finais de xullo, inclúen tarefas de limpeza forestal e acondicionamento de zonas verdes e diversos espazos destes concellos. Así, en Trabada prográmanse, entre outros, labores de mantemento no Camiño de Santiago (nos treitos entre Sante, Trabadela, Abraira, Trapa, A Cadeira e o límite con Lourenzá), así como a restauración ambiental dos regos Vidal, Vilaformán e San Martiño.
En Mondoñedo tamén se realizan traballos de mantemento no entorno da ruta Xacobea (nas zonas de Reguengo, Lindín e Maariz) e proponse a creación dun espazo público virtual de comunicación e coñecemento do treito do Camiño que atravesa o concello e das iniciativas do propio obradoiro. Así mesmo, no municipio mindoniense está prevista a construción dunha varanda de madeira para a ponte do Pasatempo.
En canto ao concello de Lourenzá, estase a traballar no acondicionamento de parques, xardíns e zonas verdes, como as contornas das igrexas de San Adrao, Santo Tomé e San Xorxe, a capela de San Sebastián, o monte Calvario ou a escola do Castro, entre outras. Neste mesmo municipio, o obradoiro realizará tamén labores de mantemento de mobiliario urbano como elementos de madeira dos parques infantís e bancos. Ademais, está previsto facer un peche na parcela do centro de día de Lourenzá.
Balseiro subliñou que “a importancia destas iniciativas é dobre, non só porque permiten acometer accións importantes que serven para mellorar infraestruturas e servizos públicos nos seus respectivos ámbitos, senón tamén porque representan unha oportunidade para mellorar a formación das persoas desempregadas, ao mesmo tempo que desempeñan un traballo remunerado”.
“Esa formación é unha oportunidade para que eses alumnos e alumnas podan reinsertarse no mercado laboral nunha profesión con demanda por parte do tecido empresarial e produtivo”, engadiu o delegado. Ademais, neste caso “o obradoiro ten unha vantaxe engadida, xa que inclúe actuacións que contribuirán a poñer en valor o Camiño de Santiago, e ten que ser obxectivo de todos mantelo nas mellores condicións”, concluíu Balseiro.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



