Burela, 13 de febreiro de 2019. A Feira Náutico Pesqueira Expomar estase a promocionar estes días en Bilbao, en Sinaval do 12 ao 14 de febreiro. Ata alí se desprazou o xerente da Fundación, José Manuel González. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que o evento, que se celebrará en maio, contará con 500 metros máis de superficie da habitual e subliñou que xa está toda ocupada cos expositores e empresas que se darán cita en Expomar 2019. A comisión organizadora manterá unha nova xuntanza de traballo o vindeiro venres, 15 de febreiro, ás 13:00 horas.
O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, declarou que “esta semana está sendo en Bilbao Sinaval, unha das feiras náutico pesqueiras máis importantes para o sector que se fan en España e nosoutros como consideramos que debemos aprender e tratar de falar en todos os medios de Expomar ata alí foi o xerente da Fundación. José Manuel González mantivo moitísimas reunións con diferentes sectores e deu a coñecer a nosa feira Expomar, que xa era coñecida en Bilbao. O que se está facendo é xestión penso que rigorosa e para mellorar en todo canto poidamos a feira”.
Alfredo Llano cre que “este 2019 vai ser unha boa edición da nosa feira. Agora mesmo xa está totalmente ocupado todo o recinto, imos ampliar 500 metros máis e chegar ata os 4.000 metros no mesmo recinto feiral. Imos facer un arranxo para poder ampliar ese espazo. Estamos tratando de traer o mellor do sector para Expomar e que sexa o máis positiva posible, tendo en conta todos os mecanismos, todas as necesidades e todos os intereses do sector da pesca, xa que é moi importante esta defensa do sector e impulsalo o máximo posible”.
O rexedor burelés engadiu que “o xerente fixo en Bilbao unha xestión extraordinaria. Alí hai un tratamento, que a min tamén me parece moi importante e temos que mirar aquí, de foros internacionais para tratar a pesca non soamente no local senón transcender un pouco máis para ver como está no internacional. Imos traer o positivo da feira de Bilbao e imos convidar a moita xente que agora mesmo está alí na exposición ou colaborando”.
O presidente da Fundación Expomar adiantou que “este venres, día 15, imos falar disto, entre outras cousas, nunha reunión que imos facer pola mañá en Burela para analizar a nosa feira e ir avanzando en todo aquilo que sexa importante para que saia moi ben a vindeira edición. Estamos moi interesados en que así sexa”.























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



