Cervo, 26 de febreiro de 2019.- Os socialistas denuncian que unha ducia de veciños de Cervo están incomunicados pola lentitude das obras acometidas. O Voceiro do PSOE, Francisco Mon, explicou que “os residentes das rúas da Aldea, Calabadexo e a Praza do Souto trasladáronnos o seu malestar ante a situación que levan vivindo durante 4 meses polo retraso das actuacións nestas rúas de Cervo”. O PSOE censurou que o Goberno Municipal do PP, que o parecer, tiña previsto facer estas obras en dúas fases para que os residentes tiveran unha vía de acceso e saída “pero ao Alcalde parece que entráronlle as presas ante a proximidade dunhas eleccións municipais e decidiu facer os traballos á vez para telas listas canto antes, a pesar de que os veciños levaban máis de 4 anos demandando ditas obras.
Os socialistas advertiron que estes veciños están sufrindo un prexuízo moi grave porque ante situacións de emerxencia, como pode ser un incendio ou unha complicación médica, os profesionais non poden acceder as rúas, tendo que desprazar todo o material necesario, a man, uns 400 metros. “Hai uns días unha veciña sufriu un grave prexuízo por ter que agardar máis tempo do necesario para ser reanimada porque os facultativos da ambulancia non puideron entrar co vehículo”.
Francisco Mon subliñou que “entendemos que cando se realizan unhas obras sempre hai incomodidades pero o Concello debe tentar minimizalas para que os cidadáns non vexan diminuídos os seus dereitos. E neste caso, o PP non está cumprindo pois os veciños que viven nas rúas da Aldea, Calabadexo e a Praza do Souto vense prexudicados posto que incluso os servizos de emerxencia non os teñen garantidos ao dificultar o seu traballo”.
“Isto responde a unha total falta de previsión e de organización do Partido Popular. Esiximos ao señor Villares que atenda, por unha vez, as necesidades dos veciños e deixe os seus intereses partidistas a un lado.” salientou o voceiro socialista.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



