Rematou este mércores un dos traballos que entraña maior dificultade técnica dos que está a realizar o Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do proxecto de recuperación ambiental do portiño de Morás, que leva a cabo a Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar no municipio de Xove. Trátase a instalación de 8 dos dolos que estaban abandonados na zona na que se fabricaban inicialmente estas pezas de formigón, que teñen un peso de 53 toneladas cada unha, destinadas á construcción dos espigóns do porto de Alcoa, que foron deseñados de xeito que se puideran entrelazar entre sí, como as pezas dun puzzle, para poder resistir os
embates das ondas do mar.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



