Lugo, 17 de febreiro de 2019. O Executivo Provincial recibiu preto de 900 solicitudes para optar aos 56 perfís profesionais ofertados co Tecendo Emprego, o plan laboral do Goberno da Deputación na provincia, o que pon de manifesto o éxito desta nova programación tras rematar o prazo de inscrición este venres. Nos vindeiros días publicarase no taboleiro de anuncios e da páxina web da Deputación o listado de requirimentos e as diferentes comunicacións ás persoas inscritas neste plan de emprego. O Executivo Provincial asume con 1,7 millóns os custes laborais dos novos traballadores durante 1 ano.
O proceso de selección, que terá lugar no mes de marzo, para os 56 perfís profesionais do Tecendo Emprego realizarase a través dunha entrevista persoal, na que os participantes deberán acreditar mediante orixinais a documentación relativa ao perfil solicitado: no caso de ser necesaria a acreditación da titulación académica esixida, contratos de traballo ou nóminas para acreditar a experiencia laboral e demais esixencias concretas para cada posto de traballo. Na entrevista curricular terase en conta a formación e experiencia relacionada co perfil profesional que se solicita, ou a actitude e aptitude que demostre o candidato, entre outras cualidades.
O Tecendo Emprego, busca cumprir con varios obxectivos: favorecer a contratación de veciños no paro con maiores dificultades para atopar traballo, como mozos sen experiencia ou maiores de 50 anos. Ademais trata de reforzar o labor social que desenvolve o tecido asociativo lugués, pois estes postos de traballo enmárcanse en 41 colectivos sociais da provincia que recibirán axudas da Deputación de entre 18.000 a 24.000 euros para asumir os custos laborais dos traballadores durante 1 ano. Estes colectivos demandan 56 perfís profesionais en distintos sectores. En base as súas solicitudes 31 están dirixidos a lucenses no paro menores de 35 anos e sen experiencia laboral (o 55% do total de empregos); 19 para veciños de 30 a 50 anos en xeral (35%) e 6 para maiores de 50 (10%).
As 41 asociacións da provincia que resultaron beneficiados desenvolven unha actividade social moi variada: ofrecen atención profesional a lucenses con discapacidade, enfermidades mentais, autismo ou alzheimer; á muller en distintos ámbitos; ou mesmo a profesionais de sectores punteiros como o lácteo ou o forestal. Tamén demandan profesionais de diversos perfís: educadores sociais, licenciados en Psicoloxía, ADE, Pedagoxía, Enxeñería Agrícola; administrativos; mestres; terapeutas ocupacionais, técnicos especializados en dependencias ou en explotacións gandeiras.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



