Foi impartido este venres, por Luisa Mª Granja Domínguez, enxeñeira técnica agrícola en hortofruticultura e xardiñería. A mañá estivo dedicada á poda de árbores ornamentais, cunha parte teórica e unha práctica. E pola tarde o tempo dedicouse ás arbores frutais e inxertos. A parte práctica fíxose arredor da igrexa, debido á existencia de prantas ornamentais e dunha grande variedade de árbores frutais. E a teoría tivo lugar no salón de conferencias. A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, amosouse satisfeita pola acollida que tivo o curso: “houbo moita demanda, asistiron 30 alumnos e alumnas e quedou bastante xente en lista de espera”
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



