O Valadouro 17-2-19. O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) organiza un ano máis, e xa van sete, o Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro.
Este ano será os días 9 e 16 de marzo.
O día 9 os actos serán no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Alí poderase ver a reposición do filme “A carta”, rodado polo Grupo Teatral Raiolas de Alfoz o ano 2006, unha historia dun amor imposible na Galicia de hai 200 anos entre un crego e unha muller, protagonizado pola agora xornalista Ana Lorenzo e por outros membros de Raiolas.
O día 16 os actos serán na Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” do Valadouro. Será o II Certame de Curtas de Alfoz e O Valadouro, onde 8 finalistas competirán por tres premios: Premio á Mellor Película (300 euros), Premio ó Mellor Filme do Val (150 euros) e Premio do Público (150 euros). Como Xurado teremos a tres figuras do cine galego:
– Iago Villarino, cervense, candidato a Mellor Director de Fotografía dos Premios de Cine Mestre Mateo neste ano 2019.
– Adrián Canoura, cineasta burelés recentemente premiado en Filmadrid polo seu filme “Caerán lóstregos do ceo”.
– Camila Bossa, actriz galega nada en Bogotá, Colombia, que leva participado en multitude de series galegas e españolas (Mareas Vivas, Pratos Combinados, As leis de Celavella, Matalobos, Hospital Central, Serramoura…) e en diversas películas. Conseguiu por dúas veces o Premio Mestre Mateo á Mellor Actriz Secundaria, pola serie Matalobos, nos anos 2009 e 2011.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



