A Coruña, a 27 de marzo de 2019. A CIG fixo entrega esta mañá das alegacións proxecto de estatuto de consumidores electrointensivos elaborado polo Ministerio de Industria. Ditas alegacións, explicou o secretario xeral, Paulo Carril, reproducen a proposta de tarifa para este tipo de industria que a CIG xa remitiu até en catro ocasións ao Goberno español, que foi trasladada tamén á Xunta de Galiza, a todos os grupos parlamentares e á patronal do sector e que foi mesmo presentada ao comisario europeo de Enerxía.
Carril denunciou que o proxecto do Ministerio resulta insuficiente, “provoca máis agonía e dificulta unha solución á problemática da industria electrointensiva”. Neste senso, apuntou que a solución formulada polo Goberno vén ratificar o despropósito que supuñan as medidas contidas no Real Decreto 20/2018, “que xa entón advertimos que eran ineficaces e tardías”.
O secretario xeral insistiu no valor estratéxico que para Galiza ten o sector enerxético, tanto polo que representa no PIB como por ser factor relevante na produción industrial. Por iso considerou “inconcibíbel” que na nosa terra “estando espoliados os nosos recursos naturais, sendo grandes produtores e exportando o 40% da enerxía que xeramos, nos poidamos atopar nunha situación de peche definitivo da fábrica de Alcoa na Coruña, co desmantelamento progresivo das fábricas de Ferroatlántica ou coa posta en cuestión da continuidade das instalacións de Alcoa en San Cibrao”.
Liñas básicas da proposta da CIG
Sobre o contido da proposta da CIG, explicou que, en liñas básicas, a central demanda liberar a tarifa das peaxes que non teñan unha relación directa co funcionamento do sistema eléctrico (primas ás renovábeis, os custes extrapeninsulares, os pagos por capacidade, a segunda parte do ciclo do combustíbel nuclear ou o déficit tarifario); e que este custe sexa asumido polos Orzamentos Xerais do Estado para que non repercutan na tarifa eléctrica que pagamos o resto de consumidores/as.
Así mesmo, a CIG defende que se contemple a máxima compensación permitida pola UE por C02, pois o propio comisario Arias Cañete recoñeceu durante a reunión coa CIG que o Estado español apenas gasta un 2% de todo o presuposto posíbel para esta tipo de compensacións. De igual xeito, co obxectivo de producir unha rebaixa xeral no prezo da electricidade que repercuta no funcionamento do sector, a central propón retirar do mercado maiorista (o chamado pool) as centrais hidráulicas e nucleares, que pasarán a cobrar por custes recoñecidos aprobados a proposta da CNMC.
No marco desta proposta, explicou Carril, a poxa de interrompibilidade, “que é unha auténtica ruleta rusa”, só pode ser un mecanismo transitorio até o desenvolvemento desta tarifa industrial máis xusta, predicíbel e competitiva. Referiuse tamén á polémica xerada estes días arredor da posibilidade de participación de Alcoa nesta poxa como “un novo capítulo da confusión e do desastre da xestión sindical dalgunhas organizacións e da xestión política do goberno do Estado e da Xunta ante a crise industrial, que complica aínda máis o futuro para as fábricas de Alcoa”.
“Se toda a capacidade de acción do Goberno español está nesa poxa, entón estamos chamados ao fracaso”, alertou, pondo a atención no feito de que este sistema de poxa “é o que nos ten levado á actual situación, polas incertezas que xera na industria á hora de coñecer o custe da enerxía e que pon en cuestión os necesarios investimentos nas plantas”.
Nesta liña censurou a pasividade do Goberno galego “máis preocupado por criticar o que fai o Executivo español, que por encabezar a loita contra a perda de empregos e o tecido produtivo por culpa do prezo da enerxía, e para evitar que se consume o peche definitivo da fábrica de Alcoa da Coruña a partir do 1 de xullo”.
Garantías de emprego
Xunto a isto, Paulo Carril apuntou que as obrigas no ámbito do emprego e a actividade produtiva recollidas no artigo 14 do proxecto de estatuto resultan insuficientes para garantir o emprego e a actividade, máis tendo en conta a realidade do proceso que se vive nas fábricas de Alcoa A Coruña e Avilés e nas plantas de Ferroatlántica en Cee-Dumbría e Sabón. Criticou que o borrador reincide na mesma fraude que recollía o Real Decreto 20/2018 a respecto de permitir que as empresas non teñan que devolver as axudas mantendo só un 15% da súa actividade. “Que unha empresa poida facer o que está facendo Ferroatlántica de ter fornos parados e reducir as instalacións á mínima actividade, que Alcoa da Coruña e Avilés poida pechar, que se poña en cuestión o futuro de San Cibrao e se lle exima as empresas de reintegrar as axudas, parécenos un auténtico despropósito”.
Por iso, alén de reiterar os puntos da proposta de tarifa eléctrica, a CIG propón nas súas alegacións que se entendan como incumpridas estas garantías cando a empresa beneficiaria reduza de maneira efectiva en máis dun 20% a súa capacidade de produción. E/ou no caso de recortar nesta mesma porcentaxe a ocupación efectiva do seu cadro de persoal a través dun ERE temporal ou se hai un despedimento colectivo que implique unha redución de máis do 20% dos total de traballadores e traballadoras. “Para nós, e así o recollemos na nosa proposta, calquera tarifa industrial rebaixada para a industria electrointensiva pasa pola asunción de compromisos e corresponsabilidade real por parte das empresas no mantemento dos empregos, a actividade produtiva e na mellora das condicións laborais”.
Concentración o xoves 28 en Ferroatlántica Sabón
Na comparecencia, o secretario xeral lembrou que, dentro do calendario de mobilizacións que a CIG está a desenvolver para urxir dos gobernos solucións eficaces e definitivas para a industria con grandes consumos enerxéticos, a central ten convocada unha concentración para o mañá xoves, 28 de marzo, ás 17:30 horas, diante da fábrica de Ferroatlántica de Sabón. Esta protesta dá continuidade ás xa realizadas o pasado 14 de febreiro na Delegación do Goberno e a do 1 de marzo na planta de Ferroatlántica de Cee e repetirase nas vindeiras semanas noutras empresas do sector.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



