Lugo, 7 de marzo de 2019. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou este xoves na Deputación, o libro Dicionario da comida galega, do abadexo á zorza, que recolle un amplo listado de produtos gastronómicos galegos, entre os que se inclúen alimentos típicos da provincia de Lugo, cunha achega á súa importancia histórica para as distintas formas de vida, tanto na costa como no interior. No acto participaron tamén o Director de Aira Editorial, César Lorenzo Gil, o Director de Engaiolarte Edicións, Xan Carballa, e o autor, Xabier Rodríguez Baixeiras.
Este libro é un importante elemento de promoción da gastronomía lucense. Os produtos da provincia son un valor en alza que contribúe a impulsar a economía en toda a provincia e a atraer cada vez a máis visitantes. Así, este dicionario recolle a ampla variedade de produtos gastronómicos galegos e detense tamén no legado lucense, para percorrer a súa historia, a súa tradición no territorio e as súas distintas formas de elaboración.
A publicación dedica varios espazos ao grande abano de produtos elaborados na provincia con selo de Calidade, selo de Indicación Xeográfica Protexida e Denominacións de Orixe Protexida. Así, recolle a evolución gastronómica da pescada do pincho de Celeiro, ou do bonito de Burela, entre outros produtos do mar. Do interior, fai mención ao butelo da Fonsagrada ou á androlla de Navia. Destaca alimentos da horta lucense, como os grelos ou o pemento de Mougán; as catro Denominacións de Orixe Protexidas para os queixos; os distintos tipos de pan, ou os viños da Ribeira Sacra e os licores e augardentes de Portomarín.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



