Burela, 8 de marzo de 2019. Burela acollerá este domingo, 10 de marzo, unha serie de actividades que levarán a cabo os bombeiros de Barreiros para celebrar o día do seu patrón, San Juan de Dios. De 10 a 13 horas na praza do Concello haberá unha exposición dos medios cos que contan os corpos de emerxencia que traballan cos bombeiros nesta comarca e a partires da unha terá lugar unha exhibición-simulacro de excarcelación e rescate en altura.
O sarxento do parque comarcal de bombeiros Barreiros, Fernando González, explica que “hoy es el día de nuestro patrón, San Juan de Dios, y con este motivo hacemos una celebración el domingo en la que va a haber una exposición, en la plaza del Ayuntamiento de Burela, de los medios y el personal de los cuerpos de emergencia que trabajan conjuntamente con nosotros en la zona. Está Guardia Civil, Protección Civil, Policía Local y Cruz Roja y será en horario de diez a una. A partir de la una habrá una exhibición-simulacro de maniobras de excarcelación y de rescate en altura. Es una jornada de puertas abiertas para todo el mundo, para que la población vea qué medios están a su disposición para cubrir sus necesidades en cualquier momento”.
Pola súa banda, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, invita “a todos os veciños e veciñas de Burela e da comarca a pasarse pola Praza do Concello, para poder observar de primeira man a funcionalidade de todos os utensilios que teñen, tanto camións como ferramentas e todo aquilo que empregan para efectuar o seu traballo dunha maneira óptima”.
O rexedor cre que “é interesantísimo vir ata Burela e darse unha volta pola praza do Concello, onde á unha da tarde van facer unha exhibición. Penso que é algo que vai ser moi bonito de ver e ao mesmo tempo nos vai facilitar o coñecemento das cousas que son capaces de facer estes profesionais. Tamén van estar acompañados da Garda Civil, con Tráfico e o Seprona, ademais de Cruz Roja e Protección Civil, ou sexa que imos ter moi boa representación do que é imprescindible para que todo funcione ben”.
Llano insiste en “invitar a toda a xente de Burela a que se dea un paseo pola Praza do Concello de nove a dúas da tarde e de unha a dúas para poder apreciar a exhibición. Tamén invitar a toda a xente da comarca a que se achegue a Burela, é unha boa oportunidade de estar en Burela e de ver esta actuación dos bombeiros de Barreiros”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



