Burela, 28 de marzo de 2019.- Socialistas, veciños e profesionais da Mariña reclamaron este xoves ao PP unha sanidade pública, gratuíta e de calidade. Fixérono nunha manifestación multitudinaria en Burela para denunciar os recortes e o desmantelamento dos servizos sanitarios por parte do goberno de Feijóo durante unha década. Participaron nela Alcaldes, Concelleiros, Voceiros e militantes de toda a comarca. Os socialistas denuncian que en menos de un ano a Plataforma en defensa da sanidade na Mariña recolleu máis de 1.500 reclamacións de veciños polas carencias de servizos na sanidade da comarca.
Máis espazo no Hospital pero carencias nos servizos
O PSOE lamenta que os únicos investimentos achegados polo PP na Xunta de Galicia para a mellora da sanidade foran para as obras de ampliación do Hospital e non para dotar ao centro de máis servizos sanitarios.
Os socialistas censuraron que durante os 10 anos do PP no goberno galego o Hospital Comarcal da Mariña foi perdendo prestacións gradualmente. Os veciños denuncian que para uns 72.000 habitantes, non hai servizo propio de Oncoloxía e o único Hospital de Galicia que non ten enfermeira especializada, só hai 3 celadores pola noite para atender Urxencias, UCI, partos e quirófanos, hai retrasos de máis de 1 ano para realizar probas de esforzo. Os mariñáns teñen que desprazarse ao HULA para colocar un marcapasos ou un simple recambio de pilas, para facer unha placa dental ou para operacións de fimose, cataratas. As resonancias se fan 1 vez ao mes nun camión diante do Hospital porque non hai aparellos para facelas. Tampouco hai aparatos para realizar electromiogramas, densiometrías óseas. Só teñen 1 reumatólogo que da cita con espera de 1 ano.
Problemas na atención primaria: non cobren baixas, sen pediatras…
O PSOE leva denunciado nestes últimos meses ducias de carencias na atención primaria dos centos de saúde e dos PAC da Mariña. Por exemplo, o PP no goberno galego suprimiu médicos na Pontenova, en Viveiro, en Barreiros. Hai problemas co servizo de pediatría en Foz, Viveiro, Ribadeo, Ourol, O Vicedo, Trabada, O Valadouro, Alfoz…Recolléronse máis de 600 firmas para restablecer o especialista de Lourenzá, Barreiros e Mondoñedo. Non hai un só logopeda en toda a comarca porque a Xunta de Galicia eliminou o financiamento para o servizo de atención temperá. Os médicos teñen demasiados pacientes adscritos chegando a atender a máis de 50 persoas ao día, dependendo do Concello. Ademais, moitos ambulatorios quedan sen profesionais cando hai unha emerxencia a domicilio.
Supresión da área sanitaria
Os socialistas defenden a necesidade de que existan as áreas sanitarias e que a Mariña teña a súa propia área debido a súa singularidade social, económica e demográfica. A Xunta de Galicia do PP decidiu suprimir a da Mariña desoíndo as reivindicacións dos veciños.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



